"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro non inflamable soluble en alcohol e éter, e insoluble en auga. Ten unha extensa aplicación como disolvente industrial e emprégase como vermífugo, nematicida e como medio para a transmisión de calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas incoloro de grande importancia industrial que se emprega como produto de partida para a preparación do teflón.
-
PERSOEIRO
Microbiólogo surafricano. Estudou na Universidade de Londres, onde se graduou en 1922. En 1951 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus estudos sobre a inmunización activa en diferentes enfermidades como a febre amarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas centrais nucleares de Harrisburg, Pennsylvania, con reactores PWR en funcionamento desde 1974 e en 1976, que a consecuencia dun aparatoso accidente sufrido en 1979, foron pechadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diversos reis asirios, tamén coñecidos co nome de Teglatfalasar.
-
-
Árbore caducifolia, duns 30 m de altura, que presenta copa ampla e con moitas pólas e cortiza de cor gris escura, lisa ou con fendas nos exemplares de maior idade. As follas son grandes, de forma orbicular-ovada, aguzadas, pecioladas, coa beira dentada e de cor verde, algo máis clara polo envés onde tamén aparecen pequenos pelos abrancazados. As flores son de cor branca ou amarelada, olorosas, dispostas en inflorescencias colgantes, e froito leñoso, globoso ou piriforme e de superficie tomentosa. Florece en xuño e os froitos maduran no outono. Crece en bosques sombríos e frescos xunto a outras árbores. Habita no centro e S de Europa e o O de Asia. Cultívase tamén como árbore ornamental e frecuentemente crece mesturado coa especie Tilia cordata (tileiro de folla pequena), non sendo moi fácil de diferenciar, xa que poden hibridarse dando lugar a formas intermedias denominadas Tilia x vulgaris, esta última cultivada como árbore ornamental en diversos parques de Galicia.
-
Árbore caducifolia, de ata 30 m de altura, que presenta cortiza lisa e abrancazada. As follas son alternas, pecioladas, arredondadas coa base acorazonada, beira dentada, de cor verde escura e lixeiramente pubescente no anverso e prateada no reverso. As flores son hermafroditas, brancas, aromáticas e dispostas en cimas. O froito é ovoide e pubescente. Florece entre mediados e finais do verán. É orixinaria da Península Balcánica, Hungría, Ucraína e N de Anatolia. En Galicia está presente en diversos parques e alamedas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer un ruído agudo unha campá pequena ou un obxecto semellante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amigdalectomía.
-
-
camión tractor.
-
Sucesión de breves escenas dunha película para contribuír á súa publicidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo insaturado clorado que se emprega no desengraxamento de metais, como solvente de extracción, como refrixerante e fluído para intercambio de calor, e como fumigante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido higroscópico incoloro, miscible coa auga, alcohol e benceno, que se emprega como disolvente de polaridade e punto de ebulición elevados, como fluído intercambiador de calor e como humectante na industria téxtil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Argumento análogo ao dilema en que se debe escoller forzosamente entre tres termos contrarios unidos por disxunción exclusiva, de maneira que da negación de dous deles resulta a verdade do outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio de París situado na beira dereita do Sena, entre o Louvre e os Champs-Elysées. Foi comezado por P. Delorme (s XVI) e rematado (s XVII) por A. de Cerceau, L. Le Vau e A. Le Nôtre. Incendiado en 1871, foi demolido en 1882. Só se conservan o pavillón de Flora e o de Marsan, e no lugar que ocupaba están os xardíns das Tuileries.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal do ácido undecilénico. En farmacia emprégase o undecilenato de cinc, que é un funxicida empregado nas dermatoses fúnxicas superficiais en forma de pos ao 20%.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido monocarboxílico insaturado que se obtén mediante destilación destrutiva do aceite de rícino ou do aceite de castor. Emprégase en perfumaría e en medicina, e como plastificante e aditivo para lubrificantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado pola IUPAC ao elemento de número atómico 109, agora chamado meitnerio (Mt).
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na Alcarria de Alcalá, ao N do río Tajuña (2.026 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político belga. Foi un dos dirixentes do Parti Ouvrier Belge (1890), posteriormente Parti Socialiste Belge. Durante a Primeira Guerra Mundial formou parte dos gobernos de unión nacional (1914-1917). Foi ministro de Xustiza (1919-1921) e de Asuntos Exteriores (1925-1927). Como dirixente socialista impulsou unha política reformista e contraria ás teses dos bolxeviques.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Cofundador do grupo La Jeune Belgique, a súa poesía manifesta unha evolución do realismo ao simbolismo como en Les débâcles (1888), Les heures claires (1896) ou Toute la Flandre (1910). Cultivou o teatro, a narración, a crítica literaria e artística.
VER O DETALLE DO TERMO