"Ise" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico ortodoxo do brahmanismo, atribuído a Kanāda (250?-100 a C). Afirma a división da realidade en categorías (padārtha), denominadas drāvya (substancia), gūna (calidade), karma e sāmānya (xeneralidade), viśe ṣ a (particularidade) e samavāya (inherencia). Algúns autores serodios engadíronlle abhāva (non-existencia).
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia (1.246 km2; 1.105.464 h [1999]). A súa capital é Cergy-Pontoise (82.275 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Época e serie do Carbonífero inferior, situado sobre o Tournaisiano e baixo o Namuriano.
-
-
Relativo ou pertencente a Viseu ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Viseu.
-
-
-
-
Peza incorporada á parte inferior dunha gorra para resgardar a vista do sol.
-
Peza de cartón ou plástico análoga á viseira, que se suxeita á cabeza por medio dunha goma
-
-
Peza metálica móbil do helmo, situada na parte anterior deste, que cando estaba pechada tapaba a cara do cabaleiro. Podía verse a través dela por medio dunha regaña e respirar grazas a uns buracos na súa parte inferior.
-
Saínte natural das rochas baixo o que se instalaron poboacións cazadoras e recolectoras no Paleolítico e Epipaleolítico.
-
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, na Beira Alta, Portugal (21.443 h [2001]). Situada á beira do pequeno Pavia, subafluente do Mondego, é un centro agrícola e comercial. De orixe lusitana, foi ocupada sucesivamente polos romanos, os suevos, os visigodos e os musulmáns. Conquistada por Afonso I de Asturias e repoboada por Afonso III (874?), foi reconquistada por Almanzor (997). Afonso V de León morreu alí cando procuraba tomala. (1028). Fernando I de Castela ocupouna definitivamente (1057). Destaca a catedral (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (5.010 km2; 394.927 h [2001]). A súa capital é Viseu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de prácticas de disección en animais vivos.
-
PERSOEIRO
Marchante de arte. Abriu a súa galería parisiense en 1893. Organizou unha importante exposición de Cézanne (1895), comprou obras de Van Gogh (1900) e fixo un contrato con Gauguin (1900). Organizou a primeira exposición en París de Picasso (1901) e a primeira absoluta de Matisse (1904). Promoveu a Bonnard, Redon, Derain e Vlaminck. Orientou as carreiras de Roualt cara á cerámica, Renoir cara á escultura e moitos artistas cara ao gravado e á ilustración de libros de bibliófilo, que el mesmo editou. Editou tamén bronces de Rodin, Maillol, Renoir e Picasso. En 1937 publicou Souvenirs dun marchand de tableaux.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Coñecido como Eberhard Foerster e Christian Munk, a súa obra ofrece unha temática histórica e de crítica social. Destaca o drama Die Illegalen (Os ilegais, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan os seus filmes West Side Story (1961, Oscar á mellor película e ao mellor director) e The Sound of Music (1965, Oscar á mellor película e ao mellor director), ademais de The Haunting (1963), Star Trek (1979) e Rooftops (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña dos Países Baixos (1948-1980), filla da Raíña Guillermina dos Países Baixos e do duque Enrique de Mecklenburg-Schwerin. Casou co príncipe Bernardo de Lippe--Biesterfeld e en 1980 abdicou na súa filla (Beatriz I dos Países Baixos).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que vén do francés Gisèle, de orixe xermánica, quizais con base en gisl ‘frecha’ ou ‘arras’.