viseira

viseira

(< visar)

  1. s f
    1. Peza incorporada á parte inferior dunha gorra para resgardar a vista do sol.

    2. Peza de cartón ou plástico análoga á viseira, que se suxeita á cabeza por medio dunha goma

  2. s f [BÉL]

    Peza metálica móbil do helmo, situada na parte anterior deste, que cando estaba pechada tapaba a cara do cabaleiro. Podía verse a través dela por medio dunha regaña e respirar grazas a uns buracos na súa parte inferior.

  3. s f [ARQUEOL]

    Saínte natural das rochas baixo o que se instalaron poboacións cazadoras e recolectoras no Paleolítico e Epipaleolítico.

Palabras veciñas

viscoso -sa | Viseano | viseense | viseira | Viseu | Viseu | visgo