"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Antropónimo masculino que procede de Theodemirus, latinización medieval do antigo xermánico, composto de thiuda ‘pobo’ e mers ‘famoso’, co resultado de ‘famoso entre o pobo’. Presenta a variante Teodomiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Iria Flavia (?-847). Segundo a tradición xacobea, descubriu a tumba co corpo do Apóstolo Santiago entre 820 e 830. Coa axuda do Rei Afonso II iniciou a construción dunha edícula sobre o sepulcro do apóstolo, orixe da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei suevo (559-570). Ao comezo do seu mandato deixou o arianismo e converteuse ao catolicismo. Durante o seu reinado celebrouse o Concilio de Braga (561), e segundo a lista de bispos presentes, o seu reino comprendía a actual Galicia, a parte occidental de León e a metade norte de Portugal. Sucedeuno o seu fillo Mirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmonauta rusa. Foi a primeira muller cosmonauta en tripular unha nave espacial individual, a Vostok 6, en xuño de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e mestre. Colaborador de diversas publicacións como El Heraldo de Vivero, Mundo Gallego, El Progreso e La Voz de Galicia, publicou os seus primeiros poemas na obra colectiva Primavera 81. Voces de hoy (1981), á que seguiron Cereixiñas do orballo (1983), O bicho da pontiga (1995) e Se Deus se namorase (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Foi un dos fundadores do Partito Comunista Italiano no congreso de Liorna (1912). Perseguido polo fascismo, refuxiouse en Francia e tomou a dirección do partido, do que foi secretario xeral (1927). No sétimo congreso da Terceira Internacional (1935), puxo, con G. Dimitrov, as bases da política de unidade antifascista que tiña que concentrarse nas frontes populares. En abril de 1944 volveu a Italia, onde foi posible a formación do primeiro goberno democrático, presidido por Badoglio, no que foi ministro sen carteira e participou tamén nos sucesivos gobernos provisionais, ata que os comunistas foron eliminados do poder (maio de 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escuela Superior de Dibujo y Pintura de Madrid e con Arturo Mélide, con quen colaborou no mausoleo de Cristovo Colón na catedral de Sevilla. En 1900 obtivo a cátedra de Debuxo e trasladouse ao instituto masculino de Santiago de Compostela. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios desde 1902 e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá desde 1904. A súa obra é ecléctica, fundamentalmente obras relixiosas e funerarias, e modernista, con obras decorativas. Destacan as portas da entrada principal de San Francisco el Grande de Madrid con A. Varela, a estatua xacente de Alfredo Brañas no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, os soportais e a antiga sala da casa de Teléfonos na rúa do Franco, o Santo Cristo dos Aflixidos de Bouzas (Vigo), diversos panteóns en Vigo e os retablos da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval e de San Fernando na catedral de Santiago de Compostela. Obtivo, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Dereito Canónico e doutor en Filosofía e Letras (1944), foi profesor de historia antiga e medieval na Universidade de Santiago de Compostela (1939-1970) e director da Biblioteca Universitaria de Santiago. Colaborador en diversas publicacións, realizou a tradución con A. Moralejo e J. Feo do Liber Sancti Jacobi, “Codex Calixtinus” (1951) e escribiu, entre outras obras, Egeria: Monxa galega (1976), Galicia histórica: el reino de los suevos (1977), La Galicia romana (1982) e Paulo Orosio: su vida y sus obras (1985). Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e arquitecto, fillo de Eduardo Torroja Caballé. Profesor na Escuela de Ingenieros de Madrid desde 1939, especializouse en estruturas de formigón. Creou novos tipos de cubertas para o Hipódromo de La Zarzuela (Madrid, 1935), con C. Arniches e M. Domínguez, e para o Camp de les Corts (Barcelona, 1943), de forma asimétrica. Construíu e calculou unha gran cantidade de pontes e acuedutos, das que destaca a ponte do ferrocarril de Tortosa. Publicou Teoría de la elasticidad (1945) e Filosofía de las estruturas (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Limia que nace na parroquia de Atás (Cualedro) e desemboca na de Solbeira de Limia (Xinzo de Limia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Trasmiras, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia situado no S da provincia de Ourense e S L da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 01’ N - 7° 36’ 30’’ O). Limita ao N cos concellos de Xinzo de Limia e Sarreaus (comarca da Limia), ao S cos de Cualedro (Verín) e Xinzo de Limia, ao L co de Cualedro e ao O co de Xinzo de Limia (todos eles da Limia). Abraengue unha extensión de 56,7 km 2 cunha poboación de 1.724h (2007) distribuída nas parroquias de Abavides, Chamosiños, Escornabois, Lobaces, Trasmiras, Vila de Rei, Vilar de Lebres, Vilaseca e Zos. A súa capital é o lugar de Trasmiras, situada a 51 km de Ourense e a 168 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    Trasmiras forma parte dun rebordo da depresión da Limia. A súa topografía é bastante plana, cunha altitude media que se sitúa ao redor dos 740 m, aínda que preto do 90% do seu territorio está situado entre os 650 e 700 mm. Trátase de recheos de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Bizkaia, Euskadi, regado polo Nervión (4.104 h [2001]). A proximidade coa cidade de Bilbao, favoreceu o desenvolvemento industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vladimir Il’ič Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Das súas composicións destacan Poem in Cycles and Bells (1954) e pezas electrónicas como Of Wood and Brass (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Creou a física experimental de alta enerxía e publicou diversos libros sobre raios X, raios cósmicos ou aceleradores de partículas. En 1959 recibiu o Premio Lenin pola súa participación na creación do sincrociclotrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo, dignidade e atribucións de vicealmirante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial da armada supeditado ao almirante.

    VER O DETALLE DO TERMO