"Nande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 594.

  • GALICIA

    Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Profesor na Escola de Capacitación Agraria de Ribadeo, foi alcalde desta localidade entre 1987-1995. Foi elixido deputado por Lugo no Parlamento de Galicia polo BNG na V e VI lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres aspas de ouro, ben ordenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa actividade investigadora nos estudios demográficos e, posteriormente, na xeografía do turismo. Da súa produción bibliográfica, que o converteu en referencia fundamental da demografía galega, destacan Dinamismo y estrutura de la población en la provincia de Pontevedra. 1900-1970 (1974) e Tres millóns de galegos (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Filosofía e Letras, foi membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, portavoz da executiva da agrupacion socialista en Vigo e deputado no Congreso (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía, especializouse en Saúde Pública. Foi xefe provincial de Sanidade nas provincias de Pontevedra e A Coruña e foi o primeiro conselleiro de Sanidade do goberno autónomo de Galicia, cargo que ocupou novamente desde 1996. Formou parte da executiva galega do Partido Popular, grupo político polo que foi elixido para representar a Galicia en diversos cargos públicos, como deputado no Parlamento de Galicia na II, III e V lexislaturas (1985-1993), deputado no Congreso durante a VI lexislatura (1996) e senador na IV e V (1990-1996). Académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, foi presidente da Asociación do Corpo Médico de Sanidade Nacional, socio fundador da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña e posúe a Encomienda con Placa da Orden Civil de Sanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Doutor en Dereito, foi catedrático de Dereito Civil da Universidad Complutense de Madrid. Foi senador por designación real e presidente das Cortes Generales Constituyentes (1977-1979). Presidiu o Consejo de Estado (1982-1986), o Consejo General del Poder Judicial, o Tribunal Supremo (1985-1986) e a Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Das súas obras destaca Reflexiones sobre el derecho foral y la unificación del derecho (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autodidacta, despois de dúas estadías en Madrid (1931 e 1934) relacionouse con Jorge Guillén, Pablo Neruda e Vicente Aleixandre, que lle facilitaron o acceso ás publicacións Cruz y Raya, Caballo Verde e Revista de Occidente. Durante a Guerra Civil foi comisario de cultura do batallón de El Campesino e colaborou en El Mono Azul, Hora de españa e Nueva Cultura. En poesía escribiu Perito en lunas (1933), El rayo que no cesa (1936), Viento del pueblo (1937), El hombre acecha (1939), Cancionero y romancero de ausencias: 1938-1941 (1958), e en teatro, Quién te ha visto y quién te ve (1934) e Los hijos de la piedra (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Coñecido como Manuel Mompó, a súa obra, inicialmente figurativa, foise simplificando ata chegar a unha linguaxe gráfica elemental e colorista, de signos flotantes colocados sobre fondos brancos. A partir de 1975 cultivou tamén a escultura, utilizando sobre todo metacrilatos e pranchas de ferro ou aceiro. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Nos seus inicios cultivou un expresionismo tráxico, cunha evidente carga étnica e social, que foi simplificando. O impulso informal deu paso a unha figuración xeométrica e calculada, onde os fondos e os campos lisos son presididos por elementos solitarios. Posteriormente, dispuxo os obxectos illados sobre unha cuadrícula e introduciu elementos de medida, sinais e acoutacións na súa obra. Finalmente, pintou con trazos máis soltos e libres e preferiu as entoacións suaves. Da súa obra destaca Flor amb límits verds (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor titular de Comunicación Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a crítica cinematográfica nas revistas Cambio 16, Fotogramas, Cinema 2002, Casablanca e Guía del Ocio, e nos xornais Mundo Obrero e El Imparcial. Foi asesor do programa de RTVE La noche del cine español e guionista do programa cultural Nombres de ayer, nombres de hoy, na década de 1980. Das súas publicacións destacan El cine de autor en España (1978), El último austrohúngaro, conversaciones con Berlanga (1981), El cine de Elías Querejeta (1986), Cine e literatura, a especificidade da imaxe visual (1993), Historia comparada del periodismo en prensa, radio y televisión (1996) e Discurso del pudor en la comunicación (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Foi profesor na Universidad de Madrid e xefe da sección de xeoloxía e paleontoloxía do Museo Nacional de Ciencias Naturales. Escribiu numeros traballos de xeoloxía, principalmente sobre os terreos sedimentarios da Meseta, dos que destacan “Elementos geográficos geológicos de la Península Ibérica”, “Edad y origen de la cordillera Central” e “Estudio geológico de Lanzarote y de las islas Canarias”. Considérase o pai da xeoloxía moderna en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Doutorouse na especialidade de Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid en 1920. Ocupou importantes cargos técnicos e obtivo numerosos nomeamentos e distincións internacionais. Entre a súa ampla relación de publicacions atópanse, referidas á xeoloxía de Galicia, Huellas glaciares en la Sierra de Queija (1949), Geomorfología de la cuenca media del Sil (1949), El glaciarismo cuaternario de la Sierra de Queija (1958), Formación pliocena detrítica en el litoral lucense (1967) e Datos fisiográficos en relación con el balneario de Caldelas de Tuy (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse no taller de ourivería e esmaltes da súa familia e licenciouse en Belas Artes. A súa obra, entre outras paisaxes e mariñas onde ao fondo se albiscan arquitecturas, é de carácter realista. Gusta das luces crepusculares e dos tons dourados e grises. Realizou a súa primeira mostra en 1990 e desde entón expuxo a súa obra en diversas cidades e participou en mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director de escena. Foi o creador do grupo A Farándula, co que dirixiu espectáculos como Burla e realidade de Sancho (1976), O catecismo do labrego (1977), Recital de poesías (1077), A corte miragreira (1978), Tres pezas curtas (1980) e Animación de rúa (1981). En 1977 impulsou a creación do Teatro Estable Galego, unha das primeiras iniciativas de creación de compañías estables, que non obstante non chegou a callar. A partir de 1984 abandonou a práctica do teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de Minas. Ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Minas en 1904 sendo destinado a Ciudad Real, desde onde pasou a Galicia para interesarse polo coñecemento do Paleozoico galego e dirixir os establecementos industriais de Vilaodriz, Viveiro, Vaamonde e Porcia. En 1914 ingresou no Instituto Xeolóxico para completar as súas rectificacións no Mapa Xeolóxico de Lugo, e en 1945 foi nomeado Inspector Xeral do Corpo de Minas. Foi creador e director, ata a data do seu falecemento, do Museo do Instituto Xeolóxico e Mineiro. Polo seu labor profesional e investigador foi recoñecido con diversos cargos e distincións, entre a que destaca o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou en Madrid, Salamanca e París (1913). Cun estilo sobrio, tallou en pedra obras realistas, inspiradas na arte exipcia antiga, cunha temática animalista e bustos, nús e retratos. Legou a maior parte da súa obra ao Estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado e doutor en Ciencias. Catedrático de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Procesado de Bioseñales. Foi membro de diversas institucións, entre elas do Institute of Electrical, Electronic Engineering (IEEE) e da xunta directiva da Asociación Española de Bioingeniería. Traballou en centros de investigación punteiros de todo o mundo. Participou en proxectos de investigación internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ourive. Formouse no taller paterno e, posteriormente, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Realizou paisaxes de tipo romántico cunha técnica de orixe impresionista. No campo do esmalte destacan as súas series sobre pazos e monumentos de Galicia. A súa obra atópase no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO