"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo público, creado en 1975, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia e que ten a súa orixe no antigo Patronato de Protección Escolar (1944). A súa principal finalidade é a promoción e asistencia do estudante a través da concesión de bolsas e axudas para que poida continuar os seus estudios nos distintos niveis do sistema educativo ou outros estudios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Encárgase da xestión e administración das prestacións económicas da seguridade social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade do Estado español creada en 1978 baixo a tutela do Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ao desaparecer o antigo Instituto Nacional de Previsión. Ocúpase da xestión das prestacións complementarias da Seguridad Social, é dicir, da asistencia social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade pública do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, responsable dos problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e da xestión do réxime especial da seguridade social dos traballadores do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización mundial que engloba os partidos socialdemócratas, socialistas e laboristas. Foi creada no Congreso de Frankfurt de 1951 co propósito de promover a distensión internacional e de defender os dereitos dos traballadores. Estivo presidida por W. Brandt entre 1976-1992, ao que sucederon P. Mauroy (1992-1999) e António Guterres desde 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión nacida en Bos Aires en 1942 coa finalidade de coordinar as sociedades e asociacións galegas. Funcionou ata 1970 e organizou diversos actos políticos, como a celebración do 18 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula de forma elipsoidal que contén cristais de guanina ou uratos que reflicte a luz e provoca a iridescencia típica. Os iridocitos están presentes na pel dalgúns cefalópodos, peixes e réptiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido isociánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido fortemente velenoso e corrosivo que constitúe unha forma tautómera do ácido ciánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos que conteñen na súa molécula o grupo - N = C.
-
-
Aplícase aos compostos de cadea pechada que teñen o mesmo número total de átomos no anel.
-
Aplícase á flor que presenta verticilos co mesmo número de elementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isómero do ácido cítrico que constitúe unha das etapas do ciclo de Krebs.
-
SEMANARIOS
Semanario socialista, voceiro das xuventudes do PSOE, editado na Coruña desde o 29 de outubro de 1935 ata a Guerra Civil. Foi dirixido por Luís Tato Vento e composto na Imprenta Obrera, propiedade dos sindicatos cenetistas maioritarios na cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dalriada e de Escocia (843-860?). Foi un dos fundadores do estado escocés. Estivo en guerra constante cos pobos escandinavos que colonizaron as rexións nórdicas do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
quilociclo.
-
-
Relativo ou pertencente a Languedoc, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Languedoc.
-
ariedade do occitano meridional. Partindo del, como forma equidistante das diversas falas occitanas, Loïs Alibèrt tentou fixar o occitano moderno. Comprende diversos dialectos, o meridional (central, tolosano, foixenco, donesanenco, narbonés), o setentrional (roergat, gavaldanés, orlhargués), o occidental (axenés, carcinol, albixés) e o oriental (besierenco, montpelierino, cevenol). Os trazos máis característicos son o mantemento dos grupos latinos ca e ga (cantar, gaug, gal), dos ditongos e tritongos (paire, buou), do -l- intervocálico, tanto se procede de -l- como de -ll- latinos (pala, salar, galina) e do morfema de plural -s (pòrtas, flors).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ladroízo.
-
-
Acción de provocar ou posibilitar a corrupción.
-
Acción de incitar a unha muller a que manteña relacións sexuais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral dimorfo da goethita, que cristaliza no sistema ortorrómbico e presenta o fenómeno do pleocroísmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina bacteriana extracelular producida por certas especies patóxenas, como os estafilococos e estreptococos, que destrúe os leucocitos dalgunhas especies.