languedociano -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Languedoc, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Languedoc.
-
s
m
[LING]
ariedade do occitano meridional. Partindo del, como forma equidistante das diversas falas occitanas, Loïs Alibèrt tentou fixar o occitano moderno. Comprende diversos dialectos, o meridional (central, tolosano, foixenco, donesanenco, narbonés), o setentrional (roergat, gavaldanés, orlhargués), o occidental (axenés, carcinol, albixés) e o oriental (besierenco, montpelierino, cevenol). Os trazos máis característicos son o mantemento dos grupos latinos ca e ga (cantar, gaug, gal), dos ditongos e tritongos (paire, buou), do -l- intervocálico, tanto se procede de -l- como de -ll- latinos (pala, salar, galina) e do morfema de plural -s (pòrtas, flors).