"ONG" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 454.

  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangsu (China), na rexión do Leste (805.695 h [1990]). Situada ao S do lago Weishan, no medio dunha rexión de montes, ten minas de ferro de Liugonyi ao N e minas de carbón que fixeron dela un centro industrial. Lugar estratéxico, foi escenario de numerosas batallas, entre as que destacan a de 1938, durante a Guerra Chino-xaponesa, e a de 1949, que foi decisiva entre comunistas e nacionalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder militar chinés. Foi gobernador da provincia de Guizhou e en 1959 foi nomeado comandante da rexión militar de Pequín. En 1967, durante a RevoluciónCultural, foi destituído dos seus cargos, pero en 1973 comandou a rexión militar de Xinjiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés da dinastía ming (1403-1424). De nome Chu Ti, trasladou a capital chinesa de Nanquín a Pequín. Realizou expedicións marítimas e chegou a África oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés da dinastía qing (1723-1735). De nome Yinchen, apoderouse violentamente do poder e centralizou a administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, na rexión do Centro-sur (400.997 h [1990]). Situada na ribeira occidental da península de Leizhou, é un porto na badía de Guangzhou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome colectivo da mitoloxía chinesa. Segundo esta, o Señor do Ceo ordenou a Zhong Li ou a Zhong e a Li establecer a separación entre os deuses e os homes. Zhong quedou como administrador do ceo e Li da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto fundamental do confucianismo ao que corresponde a doutrina do gran termo medio (zhong yong), segundo a cal o principio último, a base primordial da existencia, o fundamento do eu e do ser moral, a verdade, a harmonía e a plenitude do home perfecto (junzi) arraigan sempre no belo medio, no equilibrio e a moderación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, situada ao S do delta do Xi Jiang (156.317 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser da mitoloxía chinesa, con rostro humano e corpo de serpe, de cor vermella. Cando abre os ollos faise de día, e cando os pecha de noite. Do seu alento tamén dependen o verán e a primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Sichuan, China, na rexión do Suroeste (393.184 h [1990]). Coñécese desde a Antigüidade pola súa produción de sal xema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Sichuan, China, na rexión do Suroeste, á beira do Jing He (280.000 h [1973]). Ten industria química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, ao N da Turquía asiática (106.176 h [1997]). Porto na costa do Mar Negro, ten industria carbonífera, metalúrxica, química e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión da Costa do Mar Negro (8.560 km2; 620.051 h [1997]). A capital é Zonguldak.

    VER O DETALLE DO TERMO