zhong*

zhong*
s m [FILOS]

Concepto fundamental do confucianismo ao que corresponde a doutrina do gran termo medio (zhong yong), segundo a cal o principio último, a base primordial da existencia, o fundamento do eu e do ser moral, a verdade, a harmonía e a plenitude do home perfecto (junzi) arraigan sempre no belo medio, no equilibrio e a moderación.

Palabras veciñas

Zhili, golfo de | Zhiyi | Zhong Li | zhong* | Zhongshan | Zhou Dunyi | Zhou Enlai