"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Persoa que sofre psicopatía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desequilibrio psíquico, de carácter antisocial, que produce un trastorno da personalidade, da afectividade e da vontade. Os enfermos caracterízanse por carecer de responsabilidade e dos sentimentos normais dunha persoa. OBS: Tamén se denomina enfermidade mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicopatía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en psicopatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que busca as leis e causas das desordes mentais. Caracterízase polo intento de elaborar unha teoría do coñecemento do feito psiquiátrico a partir da observación dos fenómenos patolóxicos do psiquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicopatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posición científica multidisciplinar construída sobre o diálogo entre diferentes saberes co fin de fundar cientificamente a intervención pedagóxica desde unha fundamentación substancialmente psicolóxica, que toma da psicoloxía infantil e da psicoloxía cognitiva as contribucións fundamentais. A psicoloxía comezou a ser considerada pola pedagoxía sobre todo no momento en que Binet e Simon, no inicio do s XX, construíron e utilizaron a escala psicométrica da intelixencia para a detección no ensino ordinario dos alumnos intelectualmente inadaptados. O desenvolvemento do método dos tests e das probas psicotécnicas demostrouse pronto como unha achega esencialmente aritmética e mecanicista das dificultades escolares e das problemáticas do desenvolvemento infantil. Unha paulatina visión máis ampla e multifactorial, as achegas da psicoloxía xenética piagetiana, o desenvolvemento da psicoloxía cognitiva (Vigockij, Wallon, Ausubel, Bruner e outros), as contribucións da psicanálise (Anna Freud, Vera...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicopedagoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á divindade, especialmente Hermes e Caronte, que guía as almas dos defuntos cara ao reino dos mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo xenérico que designa un certo tipo de desordes e enfermidades mentais, xeralmente graves e caracterizadas a miúdo por unha alteración global da personalidade, que adoitan comportar a exclusión de referencia ás afeccións psicosomáticas, ao atraso mental, ás sociopatías e, sobre todo, ás neuroses. Dentro das psicoses, fálase de psicoses constitucionais (ou sintomáticas), que poden ser orgánicas ou tóxicas, e que se deben a taras cerebrais hereditarias espontaneamente manifestadas ou xurdidas por outras afeccións patolóxicas (infeccións, intoxicacións, traumas afectivos), e de psicoses funcionais (ou afectivas), das que destacan a psicose maníaco-depresiva, a esquizofrenia e, como especie concreta das psicoses involutivas, a síndrome melancólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao psiquismo e ao mesmo tempo ao corpo.

      2. Aplícase ao método en virtude do que se atende ao enfermo referíndose á vez aos seus aspectos biolóxicos e psíquicos, tomados como intrinsecamente complementarios, tan só disociables analiticamente.

      1. Relativo ou pertencente á medicina psicosomática.

      2. medicina psicosomática

        Rama da patoloxía que estuda as afeccións somáticas derivadas de factores emocionais, sexan pretéritos ou presentes. A demarcación, dentro do campo dos fenómenos patolóxicos, dunha psicosomática específica, non deixa de ser bastante artificial, non só porque toda enfermidade inclúe etioloxicamente elementos psicolóxicos, senón tamén pola dificultade de determinar cales son as enfermidades xenuinamente psicosomáticas. Das enfermidades que teñen un notable compoñente psicosomático están a úlcera péptica, a asma e a xaqueca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuízo mítico da alma celebrado despois da morte, no Antigo Exipto. A cerimonia descríbese no Libro dos mortos: Thot pesa o corazón do defunto e admíteo ou non no reino de Osiris. Foi un tema iconográfico común na arte funeraria exipcia e introduciuse en Occidente a través da arte copta. O que sostén as balanzas adoita ser o arcanxo san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da psicoloxía experimental que examina e valora as actitudes, aptitudes e formas de comportamento dun individuo ou dunha colectividade.

    2. Conxunto de métodos usados en psicotécnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á psicotécnica.

    2. Especialista en psicotécnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en psicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á psicoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades mentais, das desordes psicosomáticas e dos trastornos emocionais e da adaptación, baseado preferentemente nos métodos psicolóxicos, sobre todo, nos de relación interpersoal. Técnicas psicoterapéuticas son, entre outras, o psicodrama, a psicanálise, a terapia de grupo, a suxestión -hipnótica ou non- e a persuasión; entre as técnicas non especialmente psíquicas, a máis empregada é a narcoanálise. Distínguese entre psicoterapias superficiais ou sintomáticas (entre elas está o tratamento condutista), cando buscan só a desaparición dun síntoma ou síntomas concretos, e psicoterapias profundas, ou estruturais, cando queren conseguir a modificación da estrutura da personalidade que permite ao paciente superar os seus conflitos patolóxicos e patóxenos, e desenvolver formas máis adecuadas con el mesmo e cos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á psicose.

    2. Que ou quen padece psicose.

    VER O DETALLE DO TERMO