"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rianxo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parafuso ou cravo que se usa para remachar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Catalunya (113.129 h [2001]). A economía, sen ningún sector agrícola importante, dependeu basicamente do comercio portuario e da industria vitivinícola, ata que, entre 1925 e 1935, se puxeron en funcionamento a fábrica de tabaco e as factorías de CAMPSA e da Unión Azufrera. Ten industrias do metal, do plástico, dos cartóns e embalaxes, de alimentación e bebidas, auxiliares da construción e do ramo da madeira. Entre 1965 e 1967, establecéronse as grandes factorías petroleoquímicas, que transformaron Tarragona nun centro deste sector a escala europea. Destaca tamén a pesca e o turismo. Poboada por ilerxetes e cosetanos, foi conquistada en 219 a C por Publio e Cneo Escipión. Foi capital da provincia Tarraconense (Tarraco). Conquistada polos musulmáns en 714, foi reconquistada por Ramón Berenguel III en 1109. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga Tarraco, entre outros, o anfiteatro (BIC, 1924), o acueduto de Les Ferreres (BIC, 1905) e a torre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Catalunya, integrada por 183 municipios e 8 partidos xudiciais (6.282 km2; 609.673 h [2001]). A súa capital é Tarragona. As paisaxes de cereais, viñedos, hortas e froiteiras alternan con oliveiras. Destacan as industrias alimentaria, téxtil, química e papeleira, e o turismo, centrado en Salou e Cambrils. O poboamento concéntrase en cidades como a capital e outros núcleos como Reus (89.006 h [2001]), Tortosa (28.933 h [2001]), Valls (20.232 h [2001]), El Vendrell (23.744 h [2001]), Cambrils (21.000 h [2001]) e Amposta (16.865 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e docente. Catedrático de Instituto de Lingua e Literatura Española, foi director do Instituto Femenino de Ferrol (1975-1982) e presidente do Ateneo de Ferrol (1980-1982). Foi deputado do PSOE pola Coruña, representante español na Asemblea Parlamentaria da OTAN, director dos Servicios de Alta Inspección do Estado do Ministerio de Educación en Galicia e secretario xeral do PSOE de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de tetrágono.

      1. Relativo ou pertencente ao tetrágono ou ao sistema tetragonal

      2. sistema tetragonal

        Sistema cristalino que está formado por sete clases cristalinas que posúen un eixe cuaternario que en dúas delas presenta condicións especiais, e por iso se denominan de segunda especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polígono que ten catro ángulos e catro lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de catro liñas horizontais e tres espazos que, na escritura tradicional do canto gregoriano, determina a altura dos sons musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode tragar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta arbustiva, da familia das papilionáceas, con follas pinnaticompostas, flores axilares e froitos en legume. Atópase en Armenia e en Kurdistán.

    2. Goma que se extrae do tronco do tragacanto e doutras especies conxéneres que se emprega na industria farmacéutica (para facer pastillas e como emulsionante), na industria alimentaria (como emulsionante e como espesante), na industria téxtil (para tinguiduras e cores de estampación), nos curtidos (para o acabado do coiro) e como adhesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tubo que comunica a boca co esófago. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘gorxa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen traga.

    2. Que ou quen come moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura feita na parede ou na parte superior do teito pola que pasa a luz, o aire ou se accede ao tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasar algo desde a boca ao estómago.

    2. Comer moito e rápido.

    3. Facer que algo desapareza no seu interior.

    4. Aguantar algo ou a alguén que resulta pesado ou molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de líquido que se bebe dunha vez.

    2. Situación desagradable provocada por unha adversidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eminencia cartilaxinosa diante do orificio externo do conduto auditivo externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Arousa, situada no litoral da parroquia de Corvillón, no concello de Cambados, fronte ao extremo meridional da illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano timúrida de Turkestán (1447-1449). Fixo de Samarcanda a capital do imperio e un centro de civilización musulmá. Destacou tamén como matemático, astrónomo, poeta, historiador e teólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO