"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Zingarelli, foi director do Conservatorio de Nápoles (1840-1870) e unha figura de transición entre Rossini e Verdi. Compuxo música sacra, fantasías para orquestra e óperas, das que destacan Elisa e Claudio (1821), I Normanni a Parigi (1832), Leonora (1844) e Virginia (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Espía, fillo de Caridad de Río Hernández. Foi axente do Narodnij Komissariat Vnutrennikh Del (NKVD), baixo o nome de Jacques Mornard, e conseguiu gañar a confianza de Lev Trockij, a quen asasinou en México o 20 de agosto de 1940. Foi xulgado e condenado a 20 anos de reclusión. Ao liberalo en 1960, residiu en URSS e posteriormente en Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caridad del Río Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Interpretou sempre papeis cheos de humanidade e sensibilidade. Desde 1939 fixou a súa residencia en Italia, casou con Vittorio de Sica e participou en diversos filmes dirixidos por el, como Un garibaldino al convento (1942). Da súa filmografía destacan Il re si diverte (1941), Il cavaliere misterioso (1948), Giovannino (1976) e Il conte Max (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de mercadores nun lugar público co propósito de efectuar o intercambio comercial. Desde os tempos máis antigos, a progresiva división social do traballo deu lugar á celebración de reunións de mercadores cunha certa periodicidade, normalmente semanal, co fin de ofrecer os seus produtos. Desde o Imperio Romano, o desenvolvemento dos mercados obrigou á intervención do estado ou doutros organismos públicos para evitar así os abusos nos pesos e medidas empregadas. Coa decadencia do Imperio Romano e o proceso de feudalización que experimentou Europa Occidental desde as invasións ata o s XI, os trocos experimentaron un retroceso, aínda que a escala local non desapareceron nunca. Este foi o fenómeno que se deu nos reinos cristiáns da Península Ibérica onde, desde os ss IX e X, se desenvolveron mercados locais que se expandiron a partir dos ss XI e XII grazas ao avance da colonización interior e ao contacto co mundo musulmán, onde os intercambios mercantís eran moi frecuentes e regulares....

      1. Lugar público onde se fan as transaccións comerciais. Anteriormente ao s XIX, servía de mercado a vía pública e normalmente centrábase nunha praza grande. As necesidades da nova cidade industrial levaron, a mediados do s XIX, á creación de novas tipoloxías construtivas.

      2. Lugar público destinado á venda de produtos alimentarios.

      1. Conxunto de actividades de compra e venda de mercadorías levada a cabo por dúas categorías de suxeitos económicos, os demandantes e os oferentes. O que caracteriza a existencia dun mercado é o proceso ou a forma máis que o obxecto de intercambio. O mercado aparecen como o mecanismo fundamental de intercambio cando a división do traballo e a especialización entre produtos independentes se estenden. O modo de produción mercantil por excelencia é o de produción capitalista que se caracteriza polo máximo desenvolvemento dunha división do traballo entre produtos independentes. Segundo os autores que non aceptan o concepto de modo de produción capitalista, as formacións sociais capitalistas se denominan economías de mercado por oposición ás economías planificadas, que comprenden o que habitualmente se designa co nome de economías socialistas ou formacións sociais en transición cara ao socialismo. O mercado ten como función principal facer compatibles as condutas dos oferentes...

      2. mercado aberto

        Mercado de crédito en que non intervén o elemento de solvencia persoal, senón o valor obxectivo dos títulos. A bolsa de valores é o típico mercado aberto. As denominadas operacións de mercado aberto son un importante instrumento de política económica que teñen como finalidade controlar a cantidade de diñeiro que existe no país.

      3. mercado bolsista continuo

        Tipo de mercado de valores en que se introducen as ordes de compra e venda no sistema informático durante a xornada bolsista e permite realizar o cruzamento de operacións entre as distintas bolsas de valores de forma sincronizada.

      4. mercado de crédito

        Organización institucional formada por todas as operacións de crédito. Distínguense dous tipos básicos de mercados de crédito de acordo co período de duración dos créditos: o mercado de diñeiro, formado polos préstamos bancarios a curto prazo en que se establece o tipo de desconto como o prezo do diñeiro, e o mercado de capitais, composto polos créditos a longo prazo.

      5. mercado de futuros

        Mercado en que se fan transaccións cos contratos de compra e venda, nunha data de futuro e a un prezo especificado. Pode ser de materias primas, mercado de futuro de mercadorías, e de divisas ou títulos bolsarios, mercado de futuros financeiros. A súa finalidade é protexer os compradores e os vendedores das flutuacións imprevistas no prezo dunha mercadoría, e aos inversores das flutuacións nos tipos de xuros ou nas cotizacións de divisas e valores.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo subrexional de integración de carácter intergobernamental firmado por Arxentina, Brasil, Paraguay e Uruguay para a constitución dun mercado común. Naceu do Tratado de Asunción o 26 de marzo de 1991 e tivo como principal obxectivo aumentar o grao de eficiencia das economías involucradas ampliando as actuais dimensións dos seus mercados e acelerando o seu desenvolvemento económico mediante o aproveitamento eficaz dos recursos dispoñibles, a preservación do medio natural, o melloramento das comunicacións, a coordinación das políticas macroeconómicas e a complementación dos diferentes sectores das súas economías. O Tratado de Asunción foi un acordo con vocación rexional, pois quedou aberto á adhesión dos demais estados membros da ALADI e un acordo de integración económica, xa que estableceu un programa de liberación comercial, a coordinación de políticas macroeconómicas e un arancel externo común, así como outros instrumentos da regulación do comercio. No cumio de presidentes de Ouro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional creada polo tratado de Chaguaramas de 4 de xullo de 1973 que substituíu á antiga Asociación de Libre Cambio do Caribe (CARIFTA). A súa finalidade é a creación dun mercado común entre os estados insulares do Caribe que foron antigas colonias británicas. Está integrado por quince membros plenos e cinco membros asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Situado dentro da escola mercantil, foi un dos primeiros autores que sinalou a dependencia entre a importación de metais preciosos e a inflación. A súa obra principal foi Tratos y contratos de mercaderes y tratantes (1569), publicada co título de Suma de tratos y contratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica ao comercio por xunto con toda clase de produtos e cun alcance internacional, por oposición a tendeiro.

    2. Membro do estamento mercador no Antigo Réxime. Comprendía as profesións ligadas ao comercio por xunto, incluídos os armadores e patróns de barcos, os banqueiros e cambiadores, os corredores de comercio, os cobradores de impostos e outros negociantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera cousa que se pode comprar ou vender.

    2. Conta de activo que recolle os resultados da actividade lucrativa da empresa. Xeralmente os movementos da conta de mercadorías desdóbranse nos movementos das compras, vendas e almacén.

    3. Produto do traballo humano, útil para satisfacer as necesidades humanas e destinado ao intercambio no mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas programadas, coherentes e dinámicas, orientadas a perfeccionar o proceso de comercialización para mellorar a eficiencia na produción, a distribución e a venda de produtos ou de servizos. As súas técnicas inspíranse na imaxinación, a innovación e a creatividade, e son principalmente, a investigación de mercados, a organización e a produción de vendedores e vendas, a creación de canais de distribución, o estudo de motivacións dos compradores, o estudo das características dos produtos como calidade, presentación, rendimentos e prezos, a publicidade, a creación do servizo de posvenda ou o estudo das relacións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercadoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao comercio.

      1. Que se dedica ao transporte de mercadorías ou persoas por mar. 

      2. Barco que transporta mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ás operacións comerciais ou aos elementos que interveñen no comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levante-El Mercantil Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo a finais de 1975 co subtítulo de “Boletín Social del Círculo Mercantil de Vigo”. Inicialmente saíu dúas veces ao ano, para logo converterse en boletín trimestral. Recolle todas as actividades desenvolvidas polo Círculo Mercantil de Vigo para os seus socios nos ámbitos do ocio, a cultura e o deporte, incluíndo unha sección dedicada á biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.

    2. Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercantilismo.

    2. Partidario do mercantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO