"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Cibrao, onde se atopa a capital municipal, no lugar do Consistorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia, no L da provincia da Coruña, a 43° 16’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Miño (comarca de Betanzos), ao L co de Irixoa, ao S cos de Betanzos e Coirós, e ao O co de Bergondo (comarca da Coruña) e a ría de Betanzos. Abrangue unha superficie de 39,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 2.710 h (2007) distribuídos nas parroquias de Adragonte, Obre, Paderne, Quintas, San Pantaleón das Viñas, San Xulián de Vigo, Souto, Vilamourel e Vilouzás. A súa capital é o lugar do Consistorio, situado na parroquia de Paderne. Localízase a 26 km ao L da cidade da Coruña e a 62 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Betanzos.

    Xeografía física
    O relevo está constituído por diferentes superficies de erosión, cunha altitude que descende gradualmente de L a O desde os 400 m ata o nivel do mar no seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da co-marca de Allariz-Maceda, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-N da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 16’ latitude N e 7° 44’ lonxitude O. Limita ao N cos concellos do Pereiro de Aguiar e Esgos (comarca de Ourense), ao L co de Maceda (comarca de Allariz-Maceda), ao S cos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas (comarca de Allariz-Maceda) e ao O cos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (comarca de Ourense) e Allariz (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 38,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.605 h (2007) distribuídos nas parroquias de Cantoña, Coucieiro, Figueiredo, Figueiroá, Golpellás, Paderne, San Lourenzo de Siabal, San Salvador de Mourisco, San Xes e Solbeira. A capital do concello é Paderne de Allariz, localizada a 16 km ao L da cidade de Ourense e a 127 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense (e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cesuras. Datada no s XVII, ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida rectangular. Entre a nave e o presbiterio hai dous arcos de medio punto. No interior destaca un retablo barroco de madeira policromada dedicado ao Apóstolo Santiago. Ten o campanario illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das revistas Cultura Gallega e Galicia en temas de cultura e historia, publicou Amores e dolores (1932), un libro de poemas prologado por R. Otero Pedrayo, en que trata os temas do amor e das lembranzas, así como as paisaxes e os grandes feitos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de Lindín (Mondoñedo). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias da Degolada (Baleira) e Paradavella (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 958 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Baltar, no concello homónimo. O seu cumio acada os 980 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Presidente da Home Rule (1877), e do Irish Land League (1879). Loitou sen éxito contra a lei represiva de 1800 para pór fin á axitación campesiña. O asasinato do secretario para Irlanda (1882) facilitou a aplicación de novas leis represivas, e Parnell foi deposto como xefe da Home Rule (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista. Comezou a súa carreira acompañando os seus pais en pequenas subidas como montañeira, ás que seguiron expedicións de maior importancia aos Pireneos e Os Alpes. Foi a primeira muller española en coroar seis cumes de 8.000 m: Everest, Makalu, Cho Oyu, Lothse, Gasherbrum II e Gasherbrum I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oia baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote da ría de Arousa situado ao S da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Lamas (Leiro). O seu cumio acada os 667 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e lingüista. Coñecido co pseudónimo de Ernesto Guerra da Cal, realizou os seus estudos universitarios en Madrid, que alternou coa súa afección ao teatro no grupo de teatro La Barraca. Alí contactou con Federico García Lorca e foi un dos principais animadores do autor andaluz á hora de escribir os seus seis poemas en galego. Durante a Guerra Civil Española alistouse nas Milicias Galegas, traballou na sección exterior do servizo de información militar do Ministerio de Guerra e colaborou na revista Nova Galiza. Na fin do conflito marchou a EE UU, onde se exiliou, e en Nova York finalizou os seus estudos cun doutoramento en Filoloxía Románica na Columbia University. Pertenceu á Xeración de 1936 e mantivo contacto cos intelectuais máis importantes da súa época. Persoa de convicións nacionalistas, en 1977 renunciou á nacionalidade española como partidario da integración de Galicia no mundo lusófono, instalouse en Portugal e defendeu a liña reintegracionista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailarín’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailador’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘bailar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das dúas partes do pantalón que cobre unha perna.

    2. Enfermidade do gando vacún que lle afecta ás pernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘baile’.

    VER O DETALLE DO TERMO