"Rab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 681.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Paco Rabal, protagonizou numerosos filmes, dos que destacan Hay un camino a la derecha (1953), Nazarín (1958), Viridiana (1961), Belle de jour (1966), Truhanes (1983), Los santos inocentes (1984, Premio de interpretación do Festival de Cannes), Juncal (1989), El hombre que perdió su sombra (1991), Goya en Burdeos (1999, Goya á mellor interpretación masculina) e Lázaro de Tormes (2000). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1992) e a Medalla de Oro de la Academia de Cine (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Rabal (Celanova), fundado a comenzos do s X.
-
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
GALICIA
Rabaleira pequena e Rabaleira grande son dúas praias de apenas un metro de anchura, poco utilizadas para o baño.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Grava / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO:... -
-
Gran cantidade de animais de gando.
-
Conxunto de cousas ou de persoas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Grego na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou nun Dicionario griego-español e en diversas publicacións periódicas, como ABC, La Noche e Ya. Publicou o poemario El Cristo de Asorey (1952), Hablas hispánicas. Temas gallegos y leoneses (1967), España antigua en las fuentes griegas (1970), Haz de cuentos pavorosos (1980) e Nebulosas y otros escritos (1992). É membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española de la Lengua.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Santa Colomba de Somoza, provincia de León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Tivo un hospital para peregrinos e, segundo a tradición, na denominada casa das Cuatro Esquinas hospedouse Filipe II durante a súa viaxe a Compostela. Destaca a igrexa parroquial de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1982), que conserva de época románica a cabeceira e o lado leste da nave.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Modisto. Coñecido como Paco Rabanne, consagrouse na década de 1960 con creacións feitas de metal, totalmente estruturais, combinadas con tecidos. Posteriormente ampliou os seus deseños ao campo da xoiaría de fantasía, perfumaría, zapatos e complementos, que difundiu por medio do prêt--à-porter. Abandonou a alta costura en 1999. Recibiu a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Rabaneda Cuervo.
-
-
Conxunto de cabezas de gando da mesma especie que se crían e pastan xuntas, especialmente de gando bovino ou cabrún.
-
Congregación de fieis con relación aos seus pastores.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e erudito alemán. Arcebispo de Maguncia, antes foi monxe e abade de Fulda. Considérase o home máis erudito do s IX, pero a súa erudición foi tipicamente carolinxia, propia dun gran compilador. Esexeta, estivo interesado pola formación da clerecía (De institutione clericorum), polo bo desenvolvemento do culto e polo nivel intelectual dos seus monxes (De universo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de bicicletas fundada en 1944 por Simeó Rabasa i Singla, tamén fundador de Derbi (1922), coa que se uniu en 1949 (Rabasa Derbi) para a fabricación de motocicletas, pasando a denominarse Nacional Motor SA en 1950. Chegou a ser a primeira industria motociclista de España.
-
CAPITAIS
Capital de Marrocos, situada na prefectura urbana de Rabat-Salé (623.457 h [1994]). Está situada na fachada atlántica, no estuario de Bou Regreg, fronte a Salé. É un centro político e administrativo. O seu porto é pequeno, e a súa actividade está limitada á exportación de froitas. A industria máis importante é a téxtil. A cidade musulmá foi fundada ao norte da antiga Chellah polo sultán almohade ‘Abd al-Mu‘min (1150). Ocupada polos benimeríns desde 1248, foi repetidamente saqueada. Coa inmigración de mouriscos expulsados da Península Ibérica, que se dedicaron maioritariamente ao corso, recuperou o seu poder económico de tal xeito que, tras a morte de Am ḥ ad al-Man ṣ ūr, constituíu xunto con Salé unha república independente ata 1641. Capital administrativa do protectorado francés, continuou séndoo do Marrocos independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura urbana de Marrocos (1.275 km2; 1.500.000 h [estim 1994]).
-
PERSOEIRO
Compositor. Dirixiu a orquestra da Ópera de París (1908-1918) e o Conservatorio de París (1920-1941). Autor de poemas sinfónicos, oratorios e música de cámara, acadou sona coa ópera Mârouf, savetier du Caire (1914). Recibiu o Premio de Roma (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Nova Bretaña, situada no arquipélago de Bismarck, capital da provincia de East New Britain, en Papua Nova Guinea (3.885 h [2000]). É o porto do arquipélago que rexistra un volume máis importante en exportacións de copra, coco, cacao e madeira. Anteriormente chamouse Simpsonhafen. En 1994 a cidade foi destruída pola erupción dun volcán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
herba da raña.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Convertido ao cristianismo, foi bispo de Edessa (412?). Home dunha gran cultura, escribiu tanto en grego como en sirio e algúns himnos seus pasaron á liturxia siria. Parece ser que interveu no Novo Testamento da versión siria da Biblia. Venerado como santo pola Igrexa siria, a súa festividade celébrase o 17 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO