Rabaul

Rabaul

Cidade da illa de Nova Bretaña, situada no arquipélago de Bismarck, capital da provincia de East New Britain, en Papua Nova Guinea (3.885 h [2000]). É o porto do arquipélago que rexistra un volume máis importante en exportacións de copra, coco, cacao e madeira. Anteriormente chamouse Simpsonhafen. En 1994 a cidade foi destruída pola erupción dun volcán.