"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha lise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe descoñecida, aínda que probablemente xermánica cun segundo elemento -hard ‘forte’ e un primeiro, talvez apócope de Elisabet. Presenta a variante Elisardo.
-
PERSOEIRO
Actor, director de escena e artista plástico. Desenvolveu traballos escénicos coa compañía Titiriti, coa que realizou espectáculos de animación de rúa, Festa rachada (1984), e colaborou coas compañías Antroido e Monicreques. Impulsou a mellora dos aspectos teatrais na Feira Viquinga de Catoira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e antropólogo italiano. Tentou aplicar na psiquiatría e na criminoloxía a metodoloxía positivista. Escribiu Genio e follia (1864) e L’uomo delinquente (1876), onde describiu as características físicas do arquetipo do delincuente e afirmou que tanto este como a conduta delitiva están predeterminados por factores conxénitos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Nas súas obras mantivo sempre visibles as liñas estruturais a pesar da ornamentación barroca. Proxectou en Venecia a igrexa de Santa Maria della Salute (1631), a escaleira do convento de San Giorgio Maggiore (1645) e rematou a igrexa de Santa Maria di Scalzi (1646). Posteriormente, traballou nos palacios de Pesaro e Rezzonico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Desde 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Gallegos (CRAG). Integrouse na ORGA no período 1930-1931. Publicou Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Luís Tosar, na súa época de estudante coñeceu a Jorge Coira, co que traballou nas curtametraxes Contos de Alentraia: Tornabón (1994), As xoias da señora Blanconero (1994) e Matachín (1995). En Santiago de Compostela entrou en relación co teatro, e participou en diversas montaxes de Mofa e Befa e Ollomol, así como en varias producións do CDG, como Nau de amores (1995). En 1998 participou na serie de televisión Mareas vivas, que lanzou a súa carreira cinematográfica. Participou en diversas películas, entre as que destacan Trece badaladas (2002), O agasallo de Silvia (2002), O lapis do carpinteiro (2003) e La vida que te espera (2003). En 2000 estivo nominado aos Goya como mellor actor revelación pola película de Icíar Bollaín Flores de otro mundo. En 2003 conseguiu un Premio Goya por Los lunes al sol (2002) e en 2004 outro Goya e o Fotogramas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1977) e licenciado en 1988 en Ciencias Económicas pola Universidade de África do Sur. No eido da política, foi militante do Partido Popular Galego da Federación de Partidos Demócrata-Cristianos de España (1976), do Partido Galeguista (1978), de Alianza Popular (1983) e membro fundador do Partido Popular Español en Bélxica (1989), do que foi presidente (1998-2001). Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, ten unha ampla traxectoria profesional en materia pesqueira. Entre 1972 e 1978, realizou tarefas de investigación en oceanografía, ecoloxía e bioloxía mariña no Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo. Ese último ano, ocupou o cargo de secretario técnico da Sociedade Cooperativa de Armadores de Buques de Pesca do Porto de Vigo, entidade da que, en 1982, foi nomeado director-xerente. En 1987 ingresou na Función Pública Europea na Dirección Xeral de Pesca e na Dirección de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustradora. Ademais da súa actividade docente, participou en diversas actividades de animación á lectura. Realizou as ilustracións dos libros Noa (1989), de A. García Teijeiro, e Xasmín no país dos mentireiros (1992), de Gianni Rodari.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao N do río Tiétar (3.070 h [2001]). Ten agricultura de regadío, da que destaca o cultivo de tabaco, algodón e pemento, e de secaño, con oliveiras e viña. A industria é derivada e baséase na elaboración de chocolate e pemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cubrir con lousa un tellado.
-
Pavimentar algo con lousas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (5.292 km2; 942.171 h [2000]). A súa capital é Maha Sarakham (51.881 h [2000]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ujung Pandang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de Indonesia que separa as illas Célebes de Borneo e une o mar de Célebes co mar de Flores (250 km de ancho e 700 km de longo).
-
-
Casar a alguén sen que se dean as circunstancias requiridas para a súa felicidade no matrimonio.
-
Casar alguén sen que se dean as circunstancias requiridas para a súa felicidade no matrimonio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apropiarse ou facer un uso inadecuado dun diñeiro público que se tiña baixo obrigación de custodia.
-
PERSOEIRO
Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tsho Mapham.
-
PERSOEIRO
Pintor, escultor e muralista. Participou en proxectos urbanísticos e decorativos (Mirador del Río, 1973), e realizou pinturas informalistas e obras abstractas, das que destaca Más allá de la ceniza (1977). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tipo de cuberta con vertentes rotas como consecuencia da intersección de planos inferiores, moi inclinados, con outros superiores, de pouca inclinación, para conseguir maior espazo no interior e aproveitalo para vivenda.
-
Piso situado baixo este tipo de construción.
-