López Tosar, Luís
Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Luís Tosar, na súa época de estudante coñeceu a Jorge Coira, co que traballou nas curtametraxes Contos de Alentraia: Tornabón (1994), As xoias da señora Blanconero (1994) e Matachín (1995). En Santiago de Compostela entrou en relación co teatro, e participou en diversas montaxes de Mofa e Befa e Ollomol, así como en varias producións do CDG, como Nau de amores (1995). En 1998 participou na serie de televisión Mareas vivas, que lanzou a súa carreira cinematográfica. Participou en diversas películas, entre as que destacan Trece badaladas (2002), O agasallo de Silvia (2002), O lapis do carpinteiro (2003) e La vida que te espera (2003). En 2000 estivo nominado aos Goya como mellor actor revelación pola película de Icíar Bollaín Flores de otro mundo. En 2003 conseguiu un Premio Goya por Los lunes al sol (2002) e en 2004 outro Goya e o Fotogramas de Plata (2003) por Te doy mis ojos (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo