"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
REPUBLICAS
República de Acerbaixán, que limita ao N e ao L con Armenia e ao S e ao O con Irán (5.500 km2; 305.700 h [estim 1991]). A súa capital é Naxçivan (63.100 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Dedicouse preferentemente á paisaxe e nos seus cadros recolleu os luares, as saídas e as postas de sol e os efectos da luz. Da súa obra destaca Río no vento (1645) e Paisaxe con muíño (1646).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Autor de contos, novelas e obras de teatro, creou, xunto con Stanislavskij, o Teatro de Arte de Moscova (1898). Foi moi importante no desenvolvemento da arte escénica en Rusia e aplicou o realismo socialista ao teatro. Recibiu o Premio Stalin en 1942 e 1943.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Fusionou os principios ríxidos do clasicismo cunha temática romántica e escribiu dramas de tema clásico e histórico, se ben a maioría son poemas clásicos e estudos de teoría dramática. Destacan as súas obras Nabuco (1819), Arnaldo da Brescia (1837) e Poesie (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado supremo e ideal do budismo en que se alcanza o máis alto grao de paz, evasión e perfecta felicidade e que se consegue a partir da extinción das ataduras corporais (desexos, paixóns) e, como consecuencia, do sufrimento e da propia individualidade, nun intento de alcanzar a fusión coa esencia divina.
-
Estado de máxima felicidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo formado en 1987 en Aberdeen, Washington, por Kurt Cobain, Chris Novoselic e Chad Channing (substituído en 1990 por Dave Grohl). Líderes do movemento grunge estadounidense da década de 1990, debutaron con Bleach (1989). Da súa discografía destacan Nevermind (1991), Incesticide (1992) e In Utero (1993). A banda desapareceu pola morte de Kurt Cobain en 1994.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Cultivou o retrato, a pintura de xénero e a relixiosa. Despois dunha curta estadía en Italia, exerceu de mestre en Anveres. Tivo por discípulos a Jacob Jordaens e Peter Paul Rubens.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, xornalista e editor ruso. Colaborador do xornal Drone, foi autor de obras filosóficas, económicas e pedagóxicas, e editor de revistas satíricas. A súa popularidade debeuse á crítica contra as inxustizas sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cumprimento exacto daquilo que prescribe unha lei, unha regra ou unha relixión.
-
Respecto ou obediencia a un superior.
-
Observancia máis estrita da regra en certas ordes relixiosas, como na dos beneditinos ou na dos carmelitas, entre outras. Prodúcese como consecuencia dunha reforma, en contraposición a ulteriores evolucións ou desviacións dela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de reforma da orde franciscana que se iniciou en Italia no s XIV, e que se estendeu por Europa a finais dese século. Despois de dividirse en varias ramas, foi unificado por León XIII (1897) co nome de frades menores franciscanos.
-
-
Que observa.
-
Que ou quen é fiel á práctica dunha relixión ou dunha regra.
-
Membro dunha rama franciscana que se caracteriza por unha observancia máis estrita da regra con respecto á pobreza, en oposición aos conventuais (s XVI).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do curso inferior do río Cubango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kamil Zeman.
-
PERSOEIRO
Político holandés. En 1586 foi nomeado gran conselleiro de Holanda e, de feito, exerceu practicamente a súa presidencia. En 1602, para superar a competencia de Portugal, decidiu fundar a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Enfrontouse con Mauricio I de Nassau-Orange que o fixo encarcerar e decapitar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Mariña (1847), e escribiu De la Administración Pública con relación a España (1843), que se considera a primera obra española de ciencia da administración, e un dos piares do dereito administrativo español. Publicou tamén Sobre modificar la Constitución (1823) e Manual de economía política (1870). Pertenceu á Real Academia de la Historia e á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudou a formación das primeiras moléculas orgánicas a partir dos compoñentes inorgánicos dunha atmosfera primixenia, baixo a influencia dos raios ultravioletas do Sol. Das súas obras destacan A orixe da vida (1924) e A orixe química da vida (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Caracterizouse pola utilización do absurdo e do grotesco. Da súa produción destacan os libros de contos Ideen föld (Terra allea, 1949), Ezüstpisztráng (Troita de prata, 1956), Jeruzsálem hercegnoje (A princesa de Xerusalén, 1966) e Egyperces novellák (Contos dun minuto, 1968), as obras de teatro Tóták (As bocas, 1967), Macskajáték (Xogo de gatos, 1969), Vérrokonov (Parentes consanguíneos, 1974) e o drama Forgatókönyv (Guión cinematográfico, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou como retratista na corte de Margarida de Austria e de María de Hungría. Recibiu a influencia dos coloristas do Renacemento italiano e do estilo de Rafael, Dürer e Miguel Anxo. Xunto á pintura, desenvolveu outras actividades artísticas, como o deseño de tapices e vidreiras. Pintou Xuízo Final.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. Cultivou as escenas de xénero ao estilo do seu mestre Frans Hals. O seu estilo evolucionou cara á busca do claroscuro de Rembrandt e acabou nunha pintura dunha gran serenidade e de contrastes matizados de luz e cor. Tivo como discípulo a Jan Steen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Activo entre 1430 e 1460, introduciu o estilo de J. van Eyck en Holanda. Destacou como paisaxista. Pintou a Resurrección de Lázaro (1450?-1460) e probablemente un San Miguel e un San Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO