Nirvana
Nirvana
[MÚS]
Grupo formado en 1987 en Aberdeen, Washington, por Kurt Cobain, Chris Novoselic e Chad Channing (substituído en 1990 por Dave Grohl). Líderes do movemento grunge estadounidense da década de 1990, debutaron con Bleach (1989). Da súa discografía destacan Nevermind (1991), Incesticide (1992) e In Utero (1993). A banda desapareceu pola morte de Kurt Cobain en 1994.