níscaro
níscaro
-
s
m
[FUNGO]
Fungo de sombreiro convexo, lixeiramente viscoso, de cor alaranxada, con manchas verdosas e de láminas decorrentes. Dáse nos piñeirais e é un dos cogomelos máis prezados e máis consumidos.
-
níscaro de sangue
[FUNGO]
Fungo de sombreiro convexo, de 4 a 15 cm de ancho, lixeiramente viscoso, de cor vermella escura, con manchas verdosas e láminas decorrentes. Dáse nos piñeirais e é moi consumido.
-
níscaro falso
[FUNGO]
Cogomelo de sombreiro de 5 a 10 cm de ancho, de superficie seca ou aveludada, e de cor encarnada ou alaranxada, que ten o pé curto e láminas densas. Dáse en bosques caducifolios, especialmente en bidueirais.