"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias do Barrio de Cascallá (Rubiá) e Vila (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 932 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado insular de Europa, situado no centro do Mediterráneo, a uns 90 km ao S de Sicilia e a uns 290 km ao N de Libia (315,6 km2; 391.000 h [estim 2001]). A súa capital é La Valletta.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Está constituída por un pequeno arquipélago que comprende as illas de Malta, Gozo e Comino (Kemmuna), Cominotto e Filfla. Malta é un bloque calcario de forma tabular, cunha altitude máxima de 258 m, e sen ríos. O clima é mediterráneo e a vexetación predominante é a maquis e o mato. A agricultura ten pouca importancia e está limitada polas condicións naturais. Cultívanse cereais, patacas, hortalizas, legumes, forraxe, grana e cítricos. A gandería está representada pola cría de porcos e o gando bovino e lanar. A actividade industrial é reducida e só destaca a reparación naval, a industria electrónica, a industria téxtil, a da confección e a da construción. Desde 1980, a principal actividade económica é o turismo. Os transportes céntranse... -
VER O DETALLE DO TERMO
Loita naval na illa de Malta que tivo lugar o 3 de maio de 1283, entre a flota catalana, comandada por Roger de Lloria, e a de Carlos I de Nápoles. Supuxo a anexión de Malta e Gozo á Coroa de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
orde de San Xoán de Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha maltaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima hidrolizante da maltosa, que a transforma en dúas moléculas de glicosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación de converter o orxo en malte. Os grans de orxo déixanse en remollo tres ou catro días e logo esténdense en locais acondicionados para que xerminen. Cando os xermes alcanzan o tamaño de grans, sométense a unha corrente de aire quente que fai que se separen uns dos outros. Os grans tórranse a 80°C ou a temperaturas superiores. Da fariña pouco torrada obtense a cervexa rubia, e da fariña moi torrada, a cervexa negra.
-
-
Orxo xerminado artificialmente e torrado, co que se elabora a cervexa e outras bebidas alcohólicas, e que se emprega para a fabricación de fariñas alimentarias.
-
Infusión preparada con ese malte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
maltaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento industrial destinado á obtención da malte.
-
-
Relativo ou pertencente a Malta, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Malta.
-
Lingua semítica do phylum afroasiático, escrita en alfabeto latino e moi influenciada polo siciliano antigo, que se fala en Malta e nas illas veciñas.
-
-
PERSOEIRO
Economista e demógrafo británico. Fundamentalmente empirista, foi considerado un dos fundadores da escola clásica xunto con Adam Smith e David Ricardo. A súa teoría da poboación reflectida en An Essay on the Principle of Population as it Affects the Future Improvement of Society (1798) defende que mentres a poboación aumenta en progresión xeométrica, os recursos para mantela, fano en progresión aritmética. Atacou o concepto do aforro e afirmou que había un equilibrio entre a capacidade de produción e o desexo de consumo e propugnou programas de obras públicas para reducir os efectos das depresións na obra Principles of Political Economy Considered with a View to their Practical Application (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Doutrina antinatalista que, baseada na teoría da poboación de T. R. Malthus, aconsella a restrición voluntaria da procreación. O destino inevitable da humanidade é a pobreza e hai dous tipos de factores que poden evitar unha densidade de poboación que condene a humanidade á escaseza económica: os factores que aumentan o coeficiente de mortalidade e os que diminúen o coeficiente de natalidade. Desde un punto de vista político e económico, a influencia do malthusianismo xustificou o sistema librecambista, unha política de salarios fundamentada no custo das satisfaccións das necesidades máis estritas e a oposición aos intentos de reforma social e económica.
-
Diminución voluntaria da produción de bens para evitar que diminúan os prezos drasticamente.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Malthus ou ao malthusianismo.
-
Partidario das teorías de Malthus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diástase que se obtén do orxo xerminado que se extrae do malte, constituída por unha mestura de enzimas amiolíticos, que se presenta en forma de pos amorfos de cor branca amarelada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia fragrante, de aroma e gusto característico, que se extrae da corteza do alerce. Emprégase como aditivo en alimentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disacárido de glicosa que descubriu O’Sullivan (1872). Obtense por hidrólise enzimática do amidón mediante a amilasa e emprégase como nutriente, edulcorante e medio de cultivo. OBS: Tamén se denomina azucre de malta.α
-
VER O DETALLE DO TERMO
maltratar.
-
-
-
Tratar mal fisicamente a unha persoa, animal ou cousa.
-
Tratar mal psicoloxicamente a unha persoa.
-
-
Botar a perder algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se encontra nun mal estado físico ou moral.