"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que tivo lugar o 5 de outubro de 456 sobre o río Órbigo, entre as tropas suevas e visigodas. Os antecedentes atópanse na ocupación da Cartaginense, territorio do Imperio visigodo, por parte de Requiario, rei dos suevos. Teodorico II, ante esta invasión, enviou unha embaixada que non foi recibida por Requiario quen, reaccionou coa invasión da Tarraconense. Foi entón cando Teodorico II penetrou na Península Ibérica e se enfrontou a el sobre a liña do Órbigo, saíndo vencedor. Deseguido, encamiñouse cara a Braga na persecución de Requiario, a través da vía romana que partía de Astorga e continuou ata Porto onde o rei suevo foi decapitado en decembro de 456. Esta batalla supuxo a entrada sueva na órbita dos visigodos e polo tanto uns cambios políticos e sociais, que culminaron coa desaparición do reino suevo un século despois.
-
-
Relativo ou pertencente aos oribátidos.
-
Arácnido da orde dos oribátidos.
-
Orde de arácnidos de pequeno tamaño que está formada por exemplares de moi diversas formas, de vida libre e abundantes no humus e no mofo. Caracterízanse pola presenza de dous tricobotrios nas esquinas anteriores do dorso. Xeralmente son globosos e presentan un escudo convexo moi esclerificado, que fai que teñan un aspecto semellante ao dos escaravellos. Algúns poden enrolar o seu corpo, flexionando o cefalotórax cara a atrás e cara a abaixo, e encaixando a cabeza e as patas nunha cavidade do abdome. É unha orde moi numerosa, cunhas 140 familias.
-
-
LOCALIDADES
Localidade do departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión administrativa de Aquitania, Francia, que está situada á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. As rutas de peregrinación que proveñen de París, Vézelay e Le Puy conflúen nesta localidade para cruzar os Pireneos por Roncesvalles, e seguir a ruta do Camiño Navarro ata a súa confluencia, en Puente la Reina, co Camiño Aragonés e continuar desde alí nun só camiño ata Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento armado entre as forzas de Hernán Cortés e os aztecas que tivo lugar na chaira de Otumba, México, o 7 de xullo de 1520. Pese á superioridade numérica dos indios, Cortés impuxo a súa estratexia e desfixo o exército inimigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación da batimetría ou profundidade dos fondos do mar en que tivo lugar a sedimentación nun momento da historia xeolóxica terrestre. Para levar a cabo esta tarefa empréganse uns indicadores batimétricos que poden agruparse en indicadores paleobiolóxicos e indicadores litolóxicos e mineralóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre os exércitos de Carlos V e de Francisco I de Francia en Pavia (Lombardia) a noite do 23 ao 24 de febreiro de 1525 durante a guerra polo predominio europeo. O exército de Francisco I asediou en outubro de 1524 a cidade, defendida por unha gornición imperial; mentres, o exército imperial comandado polo marqués de Pescara e por Charles de Lannoy uniuse co condestable de Borbón e iniciou o ataque o 24 de febreiro. A pesar da inicial febleza da cabalaría do marqués de Pescara, a situación foi salvada polos arcabuceiros e despois pola irrupción dos homes da gornición. O rei francés foi feito prisioneiro e levado a Madrid, onde despois do Tratado de Madrid (1526) foi liberado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Discípulo de Joan Nin, en 1873 estableceuse en Barcelona e en 1894 marchou a Madrid, onde traballou como mestre do conservatorio (1915). Introdutor da obra de Wagner en España e un dos primeiros cultivadores da ópera, foi un estudoso da música, como reflicten os seus traballos sobre as Cantigas de Afonso X, ademais de mestre de compositores como E. Granados, Manuel de Falla e Albéniz. Como compositor deixou diversas óperas, como Quasimodo (1875), Cléopâtre (1878), Los Pirineos (1891) e El comte Arnau (1904). Ademais de catro zarzuelas, escribiu poemas sinfónicos, obras relixiosas e composicións de cámara. Publicou diversos libros e tratados musicais, como Dicionario técnico de la música (1894) ou El organista litúrgico español (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano. Profesor das universidades de Palermo, Trieste e Padua, o seu campo de investigación centrouse nas variedades véneta, friulana e ladina. Dirixiu o Atlante storico-linguistico-etnografico friulano (1972-1984) e das súas obras destacan Appunti di grammatica storica del provenzale (1965), Gli arabisme nelle lingue neolatine con speciale riguardo all’Italia (1972), Saggi di linguistica italiana (1975), Studi di dialettologia e filologia veneta (1977) e diversos artigos de balcanística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anfibios anuros, da familia dos pelobátidos, que presentan a pel lisa, pouco verrugosa, de cor gris, parda ou verde, e cunha espora córnea negra no bordo metatarsiano que empregan para esconderse na area. En Galicia está presente a especie P. cultripes.
-
-
Relativo ou pertencente aos pelobátidos.
-
Anfibio da familia dos pelobátidos.
-
Familia de anfibios, da orde dos anuros, de corpo redondeado, esterno formado por dúas metades cartilaxinosas que cabalga unha sobre a outra, apófise transversa da vértebra sacra bastante dilatada, as primeiras oito vértebras procélicas e o sacro fusionado ao cóccix, pupila vertical e dentes, soamente, na mandíbula superior. Inclúe especies espalladas por todo o hemisferio setentrional e polo arquipélago malaio, distribuídas nuns cantos xéneros, entre os que destaca o Pelobates.
-
-
PERSOEIRO
Insurrecto. Coñecido como Balilla, atribuíuselle a insurrección xenovesa (1746) que conseguiu expulsar as tropas austríacas invasoras da cidade e de Liguria durante a Guerra de Sucesión de Austria. Deu nome á organización fascista Opera Nazionale Balilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Durante o Sexenio Revolucionario comezou a colaborar cos monárquicos e, desde 1871, militou no Partido Conservador. Foi deputado pola sección de Lugo (1867-1868), polo distrito de Lugo (1879-1881 e 1884-1886) e senador pola mesma provincia en dúas ocasións entre 1886 e 1893.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de combates sostidos entre as tropas italianas e austro-alemás na beira do río Piave (1917-1918), durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da derrota de Caporetto, os italianos formaron unha vasta liña defensiva ao longo do río e lanzaron un contraataque, con éxito (outubro de 1918).
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante italiano. Representante da escola veneciana do s XVIII, abriu o camiño a J. B. Tiepolo con obras como a Gloria di san Domenico (1727). Pintou escenas de xénero influído polo caravaggismo e das súas obras destacan L’indovina, Eliezer e Rebecca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador e arquitecto italiano. Coñecido como Giambattista Piranesi, iniciou a súa carreira en Venecia. Das súas numerosas series de gravados destacan Opere varie d’architettura, prospettiva, groteschi, antichità (1750), o ciclo Vedute di Roma (1748-1775), Carceri d’invenzione (1750-1760) e Antichità romane (1756). Construíu Santa Maria del Priorato, coa contigua Piazza dei Cavalieri di Malta (1764), en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento entre gregos e persas no transcurso da Segunda Guerra Médica (479 a C). Supuxo a vitoria grega e o abandono persa da Hélade.
-
-
Nome xenérico das sales que conteñen os anións plumbato. Son coñecidos unicamente os correspondentes aos metais alcalinos. Os plumbatos (II) e (IV) teñen, respectivamente, as fórmulas xerais M 2 <H>I</H>PbO 2 e M 2 <H>I</H>PbO 3 , e os últimos cristalizan con tres moléculas de auga.
-
Nome xenérico dos oxoanións complexos do chumbo que existen en solucións fortemente alcalinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en outubro de 732, preto da cidade do mesmo nome, entre as forzas árabes do emir de Al-Andalus, ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Aāfiqī, e as francas de Carlos Martel. Os musulmáns foron derrotados e tiveron que deter a súa expansión cara ao N.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre as tropas de Xoán II de Francia e as do príncipe inglés Eduardo o Negro, que tivo lugar en setembro de 1356, preto da cidade homónima, durante a Guerra dos Cen Anos. Os ingleses venceron e capturaron a Xoán II e a seu fillo Filipe o Atrevido.