oribátido -da

oribátido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos oribátidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Arácnido da orde dos oribátidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de arácnidos de pequeno tamaño que está formada por exemplares de moi diversas formas, de vida libre e abundantes no humus e no mofo. Caracterízanse pola presenza de dous tricobotrios nas esquinas anteriores do dorso. Xeralmente son globosos e presentan un escudo convexo moi esclerificado, que fai que teñan un aspecto semellante ao dos escaravellos. Algúns poden enrolar o seu corpo, flexionando o cefalotórax cara a atrás e cara a abaixo, e encaixando a cabeza e as patas nunha cavidade do abdome. É unha orde moi numerosa, cunhas 140 familias.

Palabras veciñas

Oriani, Barnaba | Oriant, An | Oribasio de Pérgamo | oribátido -da | Oribio, serra do | oricalco | oriceira