"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Provincia de Zambia (126.386 km2; 607.497 h [1990]). A súa capital é Mongu (24.919 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Ghana (23.921 km2; 1.374.483 h [estim 1991]). A súa capital é Sekondi-Takoradi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Malta (68,7 km2; 54.159 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petrolífera estadounidense creada en 1920 en Los Angeles (California) por Armand Hammer. Ten unha forte actividade química e mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección pola vida e a cultura dos pobos occidentais.

    2. Movemento reformador ruso que se desenvolveu en tempos do Tsar Nicolao I de Rusia. Os occidentalistas (Čaadajev, Herzen, Belinskij), ao contrario dos eslavófilos, pensaban que o Imperio Ruso tiña que seguir a escola occidental tomando o máis moderno da mesma (organización administrativa, laicismo) e non copiala servilmente. Como consecuencia da Revolución de 1848, a policía tsarista perseguiu ferozmente os occidentalistas, de xeito que o movemento desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao occidentalismo.

    2. Seguidor do occidentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de occidentalizar ou occidentalizarse.

    2. Proceso complexo de tipo cultural, mediante o que os pobos afastados da cultura europea intentan apropiarse dela, sexa nos seus aspectos máis profundos, como a filosofía ou a relixión, ou ben sobre aquilo que é máis asimilable, como a moda ou a técnica. Nacido do trastorno europeo que supuxo o Renacemento e os descubrimentos científicos e técnicos, o proceso acentuouse a partir do s XIX, como consecuencia da expansión colonial. Foron exemplos típicos deste fenómeno a Rusia de Pedro I ou a Turquía de Atatürk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer adoptar os costumes ou a cultura occidentais.

    2. Adoptar formas de vida ou de cultura occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto do horizonte por onde se pon o Sol.

    2. Parte da Terra que mira a poñente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rexións ou territorios occidentais. A partir da morte de Teodosio I (395) e ata a deposición de Rómulo Augusto, o nome Occidente foi empregado para designar unha das dúas seccións nas que foi dividido o Imperio Romano (Imperio Romano de Occidente). Ao cabo duns cantos séculos, coa ruptura das relacións entre Roma e Constantinopla, acentuouse o uso do termo aplicado á Igrexa Romana, -Igrexa de Occidente- en contraposición á Igrexa de Oriente. Sempre na base dunha fundamentación histórico-cultural, desde o s XIV ata a segunda metade do s XIX reuniuse dentro do xenérico Occidente o complexo de estados europeos unidos pola fe cristiá e que ideal e relixiosamente (se non sempre politicamente) se opoñían ao dominio turco. Co afastamento dos turcos de Europa e a causa da súa progresiva occidentalización, os límites culturais occidentais trasladáronse á zona dos mongois, sometida á influencia asiática. Con posterioridade, o concepto ampliouse ata comprender aos países do Atlántico e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ocaso.

    2. Arco medido no horizonte entre o punto cardinal oeste e o punto por onde se pon un astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte posterior e inferior da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao occipicio.

    2. Óso non par, plano, simétrico, de forma romboidal, o máis dorsal e máis caudal do cranio, que presenta un gran burato que comunica a cavidade cranial co conduto raquídeo. Está articulado co atlas, o esfenoide, os temporais e os parietais.

    3. occipicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao óso frontal e occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos ósos e ás rexións occipitais e parietais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morte violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia (190.000 km2; 15.900.000 h [estim 1990]). Limita, ao O, co Océano Atlántico, ao SL co Mar Mediterráneo, ao L penetra en Piemonte, no territorio do actual estado italiano, e toca Liguria. A liña que marca a delimitación setentrional describe dúas curvas pequenas nos extremos e unha grande no centro, e deixa do outro lado desta liña, de L a O, Savoia, a parte alta de Delfinado e de Auvernia, condado da Marca, Limoges e Poitou; a parte meridional limita co Pays Basque francés, Aragón e Catalunya. Occitania componse das rexións de Gascoña, Guyenne, Lemosín, Auvernia, Delfinado, Provenza e Languedoc. Sobre esta división autóctona e tradicional o centralismo francés impuxo a división administrativa en rexións e departamentos, resultado da Revolución Francesa. De acordo con esta división, Occitania quedou comprendida (aínda que os límites non coinciden totalmente) nas rexións administrativas de Aquitania, Lemosín, Auvernia, Rhône-Alpes, Provenza-Alpes-Costa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento político-cultural que busca recuperar a nacionalidade de Occitania en oposición á política centralista de Francia.

    2. Elemento lingüístico propio da lingua occitana ou que procede dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao occitanismo.

      2. Seguidor do occitanismo.

    1. Persoa estudosa da lingua e a cultura occitanas.

    VER O DETALLE DO TERMO