"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • estatístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aperiódica publicada desde 1949 (con data de 1947-1948) polo Institut d’Estudis Catalans, baixo a dirección de R. Aramon i Serra. Contén artigos e amplas recensións referentes ás linguas e ás literaturas románicas de todas as épocas. Dedicoulle unha especial atención ao catalán e á literatura catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome producida por unha deficiencia na actividade endócrina das glándulas sexuais. As alteracións morfolóxicas e funcionais son: un grande aumento da estatura, cranio pequeno, mans longas, deficiente desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios e infantilismo psíquico. No home, voz de neno, distribución tipicamente feminina do tecido adiposo e pouco desenvolvemento dos órganos xenitais. Na muller, o esqueleto ten a forma masculina, os peitos están pouco desenvolvidos e son frecuentes os trastornos menstruais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística fundada en Madrid en 1956 para a produción de furgonetas baixo licenza Alfa-Romeo. A fábrica instalouse en Ávila e o primeiro vehículo saíu ao mercado en 1959. En 1967 foi absorbida por Motor Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que canta fados.

    2. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde ás voces ‘garrido’, ‘elegante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asento real ou pontificio, baixo e sen respaldo, que xeralmente se pode pregar e que se utilizaba na Idade Media. Podía ser de madeira, metal ou marfil e cubríase cun pano da cor litúrxica da cerimonia relixiosa en que se empregaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribución enerxética nun sistema de fermións. A distribución de Fermi-Dirac representa a probabilidade que un determinado nivel de enerxía do sistema estea ocupado polos fermións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Da súa obra destacan Arte histórica y legal de conocer la fuerza y uso de los derechos nacional y romano de España (1747) e Tratado legal y político de caminos públicos y posadas (1755).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. En 1972 foi nomeada directora da Cidade Teatro de Reykjavik, cargo desde o que potenciou a literatura islandesa. Foi presidenta de Islandia (1980-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disco magnético flexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa encargada dunha fonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deportista especializado en probas de fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa do capitalismo moderno (1940-1970) caracterizada pola produción a grande escala, unha alta división do traballo e o crecemento de créditos ao consumo. Os métodos de produción fordistas foron aplicados por primeira vez na compañía Ford Motor, e xeneralizáronse posteriormente ao resto das industrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías e métodos psicanalíticos de Sigmund Freud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1987. Subtitulouse “Semestral de Arte, Diseño y Arquitectura”. Dirixírona conxuntamente Pilar Corredoira, Román Pereiro, Alberto Permuy e Xosé M. Casabella. Tentou ofrecer unha visión global do panorama artístico galego, sen esquecer a perspectiva nacional e internacional, tanto no eido arquitectónico, como na arte e no deseño gráfico e industrial. No apartado ilustrativo, ademais dos fotógrafos galegos, contou coa colaboración do Centre National d´Art et de Culture Georges Pompidou de París e coa Fundación Juan March de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei estatística establecida en 1911, que ofrece a probabilidade wn que un corpo macroscópico calquera, considerado como unha parte relativamente pequena dun gran sistema illado, permanece nun estado de enerxía En.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora cubana. De tendencia romántica, colaborou na revista La Aureola baixo o pseudónimo de La Peregrina e dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello. Da súa produción destacan Leoncia (1840), Poesías (1841 e 1850), Alfonso Munio (1844), Baltasar (1858), El artista barquero o Los cuatro cinco de junio (1861) e Devocionario nuevo y completísimo en prosa y verso (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo alpino constituído principalmente por rochas cristalinas, situado entre os vales do Orco e do Dora Baltea, dos Alpes de Graies. Ten grandes altitudes, como o Gran Paradiso (4.061 m) e o Grivola (3.969 m).

    VER O DETALLE DO TERMO