"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento militar da Guerra Civil española (1936-1939) que se enmarca dentro dos contraataques republicanos organizados para evitar o avance das tropas nacionais na fronte do Norte. O 24 de agosto de 1937, o exército republicano lanzou unha ofensiva en Aragón, que foi no aspecto estratéxico unha continuación da batalla de Brunete. A fronte de Aragón estabilizárase desde había un ano conformada por unha serie de puntos de resistencia, polo que o mando republicano considerou que era o lugar indicado para a ofensiva que tiña por obxectivo Zaragoza. O mando supremo estaba en mans do xeneral Pozas, xefe do exército do Leste, xunto co tenente coronel Antonio Cordón como xefe do Estado Maior e Virgilio Campos como comisario. As tropas mobilizadas foron o V Corpo do Exército, mandado por Modesto coas tres divisións de Líster, Campesino e Walter, a 27 División de Trueba, a 35 de Kleber e o XII Corpo do Exército de Sánchez Plaza. O exército republicano entrou en Zuera, abríndose a fronte entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción italiana realizada en 1955 e dirixida por Mario Camerini. Foi interpretada por Sofía Loren, Vittorio de Sica, Marcello Mastroiani e Yvonne Sanson. Baseada na obra de Alarcón La pícara molinera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carolina Otero Iglesias.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Traballou máis na televisión ca no cine, no que dirixiu algúns westerns e algunha película de terror. Realizou, entre outras, Seminole uprising (A sublevación seminola, 1955), Toughest gun in Tombstone (A forte pistola en Tombstone, 1958), Gunpoint (A punta de pistola, 1966), Munster, go home (Monstro, marcha para casa, 1966), Seven alone (Só sete, 1975), Speed trap (Trampa rápida, 1978) e Magnum thrust (O empurre da botella, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e novelista norteamericano. Fundou e dirixiu o Daily News (1880). É autor da novela utópica Looking Backward: 2000-1887 (Ollando cara a atrás: 2000-1887, 1888), onde propugna un tipo moderado de socialismo de estado adaptado á realidade norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario holandés. Os seus poemas, entre os que cómpre salientar Gezangen mijner jeugd (Cancións da miña xuventude, 1782), manifestan unha sensibilidade prerromántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor norteamericano. Debutou no teatro en Broadway en 1929. A súa filmografía supera os cen títulos. Foi nominado ao Oscar ao Mellor Actor Secundario por The Awful Truth (A pícara puritana, 1937). Conta tamén cun galardón da Asociación de Críticos de Nova York, un premio Tony de teatro, foi catro veces presidente do Actor’s Equity e recibiu un Oscar honorario en 1986. Entre os seus traballos destacan: The Secret six (Os seis secretos, 1931), Rendez-vous at Midnight (Cita a media noite, 1935), Rosemary’s Baby (A semente do demo, 1968), Trading Places (Entre pillabáns anda o xogo, 1983) e Pretty Woman (Unha fermosa muller, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador francés. Estableceuse en Nancy (1602-1611) ao servizo do duque Carlos de Lorena. Empregou un canon alongado e un debuxo preciosista e sensual tanto nos cadros (San Francisco recibindo os estigmas) como nos debuxos e gravados. A súa elegancia inspírase na obra de Parmigianino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Reporteiro gráfico. É membro das axencias Copi e Contifoto. Traballou na Televisión de Galicia, da TVE-2 e como xefe de cámaras do Arquivo da Imaxe de Galicia e nas publicacións La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Man Común, Diario de Galicia, Mundo Obrero Diario, El País e La Calle, e para a Gran Enciclopedia Gallega. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e na edición gráfica de varias publicacións literarias, concretamente no libro Galicia, a pé de foto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ombú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galería que nas torres defensivas está situada a media altura do muro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrela de segunda magnitude da constelación de Orión, situada a unha distancia duns 250 anos-luz da Terra.
-
PERSOEIRO
Señor de Langey, militar e diplomático. Participou nas campañas francesas en Italia (1525) e no 1537 foi nomeado vicerrei do Piemonte. Escribiu unhas Mémoires (Memorias) políticas ao redor dos anos 1536-1540.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta. En 1549 publicou L’Olive (A oliveira), compilación de sonetos amorosos segundo o modelo de Petrarca; Vers lyriques (Versos líricos) e Recueil de poésie (Escolma poética). En 1552 editou as Inventions (Invencións), de inspiración cristiá, unha tradución do cuarto canto da Eneida e a Complainte du désespéré (Pranto do desesperado), confesión autobiográfica. É autor das compilacións de sonetos: Les antiquités de Rome (As antigüidades de Roma, 1558), Les regrets (As penas, 1558) e Divers jeux rustiques (Diversos xogos rústicos, 1558).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alxeriano. Membro do exercito francés durante a Segunda Guerra Mundial, participou na campaña de Italia en 1943. En 1945 volveu a Alxeria onde fundou, dentro do movemento nacionalista, a organización armada OAS. En 1950 foi detido e encarcerado, e en 1952 fuxiu ao Cairo, onde organizou a Front de Libération Nationale (FLN), fundada despois da insurreción do 1954. Foi detido e encarcerado novamente polas autoridades francesas entre 1956 e 1962, cando se asinou o Acordo de Évian. En 1962, trala independencia de Alxeria, converteuse no seu primeiro xefe de goberno. Posteriormente, en 1963, foi elixido Presidente da República de Alxeria e, en 1964, secretario xeral da FLN. Orientou a súa política cara á instauración dun socialismo adaptado ás peculiaridades nacionais; así, durante o seu mandato nacionalizou a maioría dos latifundios co obxecto de realizar unha profunda reforma agraria. Non obstante , o seu goberno foi bastante autoritario e personalista, feito que provocou o golpe...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Marrocos, situada na chaira de Tadla, nos contrafortes do Atlas Medio (140.212 h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (7.075 km2; 870.000 h [estim 1994]). A capital é Beni-Mellal.
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudiou Percusión, Harmonía e Contrapunto-fuga nos conservatorios da Coruña, Madrid e Santiago de Compostela. Foi fundador no 1986 do grupo de música contemporánea Talea. En 1987 participou na fundación da ACC (Asociación Coruñesa de Compositores) e da AGC (Asociación Galega de Compositores). Dentro da súa produción destacan as obras: Momento en color metal, op. 2, para cuarteto de metais (1985); Impresiones sonoras en blanco y negro, op. 4, para piano só (1986); Anástasis, op. 18, para piano só (1990) e Las estruturas del caos. Metodología para el establecimento de una ciencia del movimiento y los tiempos simultáneos en la música, op. 23 (1995-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe mariño de corpo alongado do xénero Phycis, que pertence á familia dos gádidos. Ten a boca grande, unha pequena barbela no queixo, dúas aletas dorsais, unha anal e as aletas pélvicas reducidas a un filamento bífido. É de cor gris acastañada no dorso e abrancazada nos lados e o ventre. Distínguense dúas especies: P. blennoides, de ata 75 cm de lonxitude, co terceiro e cuarto radio da primeira aleta dorsal moi alongados, que vive en fondos lamacentos entre 150 e 300 m de profundidade; e P. phycis, de ata 60 cm de lonxitude, que vive en fondos rochosos entre 100 e 200 m de profundidade. Consómese cocida con allada ou fritida. É unha das especies apropiadas para a caldeirada. É menos apreciado ca a pescada, pero en sazón son facilmente confundibles.
-
Peixe mariño de corpo pesado e alongado de ata 30 cm de lonxitude. Ten a cabeza grande, case tan ancha coma longa, co fociño arredondado e unha pequena barbela no queixo. Presenta dúas aletas dorsais, a primeira reducida a tres radios curtos, e os primeiros radios das aletas pélvicas máis longos ca o resto. É de cor cincenta ou azulada no lombo e prateada no ventre. É un peixe solitario que vive na zona bentónica, a pouca profundidade, entre algas e rochas, onde se alimenta de crustáceos, moluscos e vermes. Distribúese no Atlántico, dende o Golfo de Bizkaia ata Noruega.
-