Bellay, Joachim du

Bellay, Joachim du

Poeta e ensaísta. En 1549 publicou L’Olive (A oliveira), compilación de sonetos amorosos segundo o modelo de Petrarca; Vers lyriques (Versos líricos) e Recueil de poésie (Escolma poética). En 1552 editou as Inventions (Invencións), de inspiración cristiá, unha tradución do cuarto canto da Eneida e a Complainte du désespéré (Pranto do desesperado), confesión autobiográfica. É autor das compilacións de sonetos: Les antiquités de Rome (As antigüidades de Roma, 1558), Les regrets (As penas, 1558) e Divers jeux rustiques (Diversos xogos rústicos, 1558).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Castello da Turmelière, Liré, Anjou

  • Deceso

    Lugar : París