"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de azafranar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantación de azafrán.
-
-
Poñer da cor do azafrán.
-
Condimentar a comida facendo uso de azafrán.
-
Cociñar con pouco xeito.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Membro dunha familia da burguesía acomodada, estudiou Dereito nas universidades de Madrid e Zaragoza, doutorándose en 1900. Foi funcionario da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, e exerceu os cargos de secretario do Instituto de Dereito Comparado e secretario do Ateneo de Madrid, do que foi Presidente en 1930. Militante no reformismo de Melquíades Álvarez, pasou ás filas do republicanismo e fundou Acción Republicana en 1925. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera e despois da caída deste, asinou o Pacto de San Sebastián (17.8.1930). Membro do Comité Revolucionario de 1930 ao proclamarse a República (14.4.1931) formou parte do goberno provisional como ministro de Guerra. En outubro de 1931 foi nomeado Xefe de Goberno pero mantivo a carteira de Guerra. O bienio azañista (outubro 1931-setembro 1933) caracterizado polo reformismo (reorganización do exército, disposicións relativas ao culto e ao clero, estatutos de autonomía, reforma agraria, etc) respondeu basicamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso longo, que se dá por camiñar apurado ou por ter as pernas longas.
-
-
Dar un paso de tamaño maior que o habitual.
-
Camiñar dando grandes pasos.
-
-
PERSOEIRO
Político afrancesado. Duque de Santa Fe. Foi nomeado ministro de Guerra por Carlos IV (1793), vicerrei de Nova España (1798-1800) e ministro de Facenda de Fernando VII (1808). Participou na Xunta suprema de goberno mentres Fernando VII estaba en Baiona, onde foi designado Presidente da Asemblea de Notables que promulgou o Estatuto de Baiona, base legal da nova monarquía de Xosé I e, posteriormente, foi un dos ministros máis representativos do goberno deste monarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor universitario e crítico. Destacado investigador no mundo da Filoloxía, da Lingüística e da Crítica Literaria. Profesor da Universidade do Estado de Rio de Janeiro e da Universidade Federal -en calidade de docente de Literatura Portuguesa e Brasileira-, acudiu como profesor visitante a algunhas universidades de prestixio, como as de Colonia (1968) e Coimbra (1972).
VER O DETALLE DO TERMO
O seu campo de estudo é moi amplo, tanto en temas (lingua, literatura, crítica literaria) como en épocas (desde a Idade Media ata o Modernismo). Como libros ten publicadas máis de cincuenta obras, así como outros moitos estudos que viron a luz en revistas especializadas ou numerosos artigos publicados nas actas dos congresos nos que interviu. De toda a súa produción destacan, entre outros, libros dedicados á figura de Camões -autor no que está especializado- (O cânone Lírico de Camões,... -
PERSOEIRO
Poeta romántico formado pola lectura de Leopardi, Espronceda, lord Byron e outros. Malia ter morto moi novo, influíu considerablemente no Romantismo brasileiro. A súa obra lírica compílase na Lira dos vinte anos (1853). Escribiu narracións ao xeito de Hoffman no libro Noite na Taverna (1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Sendo ben novo dirixiu o diario liberal El Sol e colaborou con Euzkadi. Foi un dos xornalistas máis prestixiosos da súa época. Ao estalar a Guerra Civil de 1936-1939 pasou á zona da Junta de Burgos e publicou a extensa obra Historia militar de la Guerra de España (1940). Foi nomeado director de La Vanguardia Española de Barcelona (1940 e 1960), e fundou en Madrid o semanario ilustrado Semana (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante da armada. Xefe da escuadra de Marrocos en 1921, foi ministro de Mariña no goberno de Manuel García Prieto, marqués de Alhucemas (1922-1923). Colaborador do xeneral Miguel Primo de Rivera y Orbaneja durante a Ditadura, o Rei Afonso XIII nomeouno Presidente do Goberno trala demisión de Berenguer en xaneiro de 1930, coa encomenda de avanzar na restauración da orde constitucional. Con esa intención convocou as eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Os resultados destes comicios provocaron a fuxida do Rei, a proclamación da Segunda República Española o 14 de abril, e o establecemento dun goberno provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora y Torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1924) Cantante, compositor e actor de cine, de orixe armenia, coñecido como Charles Aznavour. No ano 1941 comezou a carreira de compositor. As súas cancións foron interpretadas por Edith Piaf e Juliette Gréco. Entre elas destacan: “Je haïs les dimanches”, “Jézabel”, “Sur ma vie”, “Parce que”, “Venecia sin ti” e “Et Pourtant”. Debutou como autor, compositor e intérprete no ano 1955. Actuou en varias películas como Taxi pour Tobrouk (Taxi para Tobrouk, 1960), Tempo di Roma (O tempo de Roma, 1962), etc.
-
-
Pertencente ou relativo ás Ilhas dos Açores.
-
Natural ou habitante das Ilhas dos Açores.
-
-
IGREXAS
Igrexa tardogótica de finais do s XIV, erixida sobre unha construción anterior do s XII, da que se conserva a portada de acceso. Mandouna construír Fernán Pérez de Andrade no mesmo lugar no que se celebraba o mercado de Azougue (Betanzos), que se facía no adro do recinto eclesiástico anterior. Trátase dun edificio de planta basilical de tres naves con armazón de madeira, transepto do mesmo ancho e tres ábsidas semipoligonais cubertas con bóveda de crucería. No tímpano da portada occidental existe unha representación da Epifanía e da Anunciación. No interior conserva un retablo do s XVIII, obra do escultor local Ignacio Francisco Gómez Soneira. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz que designa ‘o que bota algo’.
-
PERSOEIRO
Bispo de Lugo. Defensor do Absolutismo contra toda posible reforma liberal. En 1820 enviou ao Rei Fernando VII unha exposición na que lle solicitaba que nin as cortes nin o goberno se pronunciasen en materia eclesiástica, xa que son competencia exclusiva da Igrexa. Mandou constituír na diócese un tribunal eclesiástico encargado de velar polas lecturas (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas amerindias do Norte e de Centroamérica, unhas trinta aproximadamente, que contan cun reducido número de falantes na actualidade. Este grupo inclúe linguas de tribos tan coñecidas como o comanche, o paiuté, o chochonés e tamén o hopí. Tres linguas mexicanas teñen aínda un número considerable de falantes, o azteca ou nahua cun millón de falantes aproximadamente, o tarahumara, con ao redor de 50.000 e o pima-papago con case 20.000. Consta de dúas familias: o grupo tanoano (ou kiowa-tanoano) e o uto-azteca. A primeira inclúe algunhas linguas faladas no suroeste dos EE UU e o kiowa na zona das Grandes Chairas. A familia uto-azteca é máis extensa e confórmana unha liña de linguas que se falan desde meseta do Colorado ata California, en Centroamérica e en pequenas extensións nas Grandes Chairas. Algunhas delas son: o cahuilla e o luiseño en California, o paiute e o sashoni na Gran Conca, os dialectos ute e comanche nas Grandes Chairas, o hopí e o pina-papago no SO ou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Madrid en 1903 para a explotación de fábricas de azucre, refinerías e destilerías.
-
PERSOEIRO
Escritor. Publicou crítica literaria e pezas dramáticas, pero foi coñecido polas súas novelas, das que destacan María Luisa (1907), Los fracasados (1908), Mala Yerba (1909), onde xa se rexistran os trazos que caracterizan a súa obra (a sátira social, o realismo cru na expresión e unha construción clásica da novela). Con Andrés Pérez maderista (1911) iníciase o ciclo sobre a revolución mexicana onde se rexistra o desencanto do autor polos logros do movemento. A súa novela de máis sona é Los de abajo (1916), Premio Nacional de Literatura, na que mediante unha técnica concisa dá a súa visión da revolución mexicana. A esta obra seguíronlle Los caciques (1917), Las moscas (1917) e os relatos agrupados en Domitilo quiere ser diputado (1918), La Malhora (1923), El desquite (1925), La luciérnaga (1932), Pedro Moreno, el insurgente (1934), Avanzada (1940), Nueva burguesía (1941),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal ou quincenal, aparecida en outubro de 1914 en Vilalba, que cesou en breve tempo. De tendencia rexionalista, foi dirixida por Antonio García Hermida; o seu título facía referencia ás cores da bandeira galega. Nela apareceu o poema “Outros tempos” de Noriega Varela.