"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque nacional que ocupa 1.928 ha dos municipios de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha. Foi creado en 1973 e é un exemplo do ecosistema chamado táboas fluviais, que se formou polos desbordamentos, na súa confluencia, dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola escasa pendente do terreo. Representa os ecosistemas ligados ás zonas húmidas continentais. Unha gran variedade de aves acuáticas viven na zona, e das máis adaptadas á auga están diversas especies de somorgullos, ademais de garzas e todo tipo de anátidas ibéricas. Da flora, as plantas acuáticas son o substrato básico do parque, e as únicas árbores presentes son os tarais. Este parque asegura a supervivencia dun gran número de aves que a utilizan como área de descanso. Ten, entre outras figuras de protección, a declaración de Reserva da Biosfera (1981).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tabular.
-
PERSOEIRO
Sociólogo e escritor, irmán de Carlos Taibo. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, é correspondente da revista Jane´s Defence Wecly e colaborador de diversas publicacións periódicas de Galicia. A súa obra busca un efecto de sorpresa no lector e algúns dos seus relatos teñen unha estrutura complexa. É autor de diversos relatos curtos e contos, cos que foi premiado en diversas edicións do Premio Modesto R. Figueiredo, como Os Inmortais (1975) e O Fotógrafo (1978, Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo). Do seu libro Calendario de Brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981) foron traducidos algúns contos ao ruso. Traduciu a obra teatral Pedro Madruga, de M. Gato, e no ensaio destacan os seus libros Os partidos políticos en Galiza (1977), en colaboración con Manuel Rivas; e Vinicius de Morais (1984). Tamén é autor da colección de relatos Informe Bestiario (1991) e das novelas Homes de ningures...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de produción creada en París polo goberno provisional revolucionario en febreiro de 1848, que se inspirou, aínda que desvirtuándoas, nas ideas sociais de Louis Blanc. Para combater a crise social e económica, os obreiros en desocupación forzosa foron colocados en obras públicas, pero o seu traballo, mal organizado, non foi rendible. A súa disolución ocasionou violentos incidentes.
-
PERSOEIRO
Patricio romano, sobriño de Tarquinio o Soberbio. Casou con Lucrecia e foi, con Lucio Xuño Bruto, un dos primeiros cónsules, en 509 a C. A morte da súa dona deu pé a unha revolta que acabou coa monarquía dos Tarquinios e deu lugar á república.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Quinto rei de Roma (616? a C - 579 a C), fillo de Damarato de Corinto e dunha muller etrusca. Foi a Roma e cambiou o seu nome orixinario Lucumon polo de Tarquinio. Sucedeu ao Rei Anco Marcio á súa morte e fíxose chamar rei do pobo. Venceu os latinos, os sabinos e os etruscos e distinguiuse como bo reformador. Emprendeu grandes obras públicas, como o secado do foro por medio da Cloaca Máxima, ou a construción do Circo Máximo. Foi asasinado por mandato dos fillos de Anco Marcio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lacio s VI a C - Cumes s VI a C) Derradeiro rei de Roma (534-510 a C), fillo ou sobriño de Tarquinio Prisco. Conseguiu o reino ao morrer Servio Tulio. Perseguiu os senadores, oprimiu o pobo e afirmou a hexemonía de Roma sobre os outros pobos do Lacio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín eclesiástico Tarsicius, Tharsicius, do grego Tharsikios ‘audaz, temerario’, derivado de Tharsos ‘valor, atrevemento, audacia’. Tharso era epíteto de Atena, como deusa do valor.
-
PERSOEIRO
Mártir. Sancristán, foi sorprendido polos pagáns cando levaba agochados os elementos da Eucaristía para os presos. Ao negarse a entregarllos aos infieis -pois quixo evitar a profanación- foi apedrado ata morrer, con 14 anos. Iconograficamente representouse cunha túnica curta (propia dos nenos) e manto romano, cunha patena nas mans ou con elas cruzadas sobre o peito como escondendo algo (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 15 de agosto e o 30 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tartarizar.
-
-
Acción e efecto de taxar.
-
Fixación por parte do Estado dos prezos máximos e mínimos duns produtos determinados co obxecto de eliminar as tensións que en condicións anómalas afectan ao mercado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Himenio dos ascomicetos e dos ascoliques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico de número atómico 43 e peso atómico 98,906, do grupo VIIB da táboa periódica. É un dos metais da segunda serie de transición, un supercondutor e presenta lixeiras propiedades magnéticas. Está totalmente ausente da codia terrestre, e detectouse espectrostopicamente nalgunhas estrelas. A súa aplicación máis importante deriva da propiedade do anión TcO4- de inhibir, a moi baixa concentración, a corrosión do aceiro. Foi descuberto en 1937 por E. Segré e C. Perrier.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido declarado Parque Nacional en 1954. Situado na illa de Tenerife, Canarias, abrangue 18.990 ha distribuídas nos municipios de La Orotava, Los Realejos, San Juan de la Rambla, La Guancha, Icod de los Vinos, Garachico, Santiago del Teide, Guía de Isora, Adeje, Vilaflor, Granadilla de Abona e Fasnia. Comprende o volcán Teide, de 3.718 m de altitude, e a caldeira volcánica de Las Cañadas. Xeomorfoloxicamente, toda a estrutura conta cunha gran variedade de formas como covas ou domos. En canto á fauna as aves son o grupo máis representativo. Pódese atopar o lagarteiro, o pimpín azul do Teide, o canario, que forma grandes bandos en primavera e outono, o picanzo, a pomba brava, que habita de forma permanente, e a migratoria rula. Na primavera e no verán chegan bubelas, cirrios e outras especies. Existen unhas 400 especies de insectos, moitas delas endémicas, un único réptil (o lagarto tizón), e algunhas especies de morcegos e ourizos, que son os únicos mamíferos autóctonos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da enxeñaría que trata da transmisión de información a distancia. Claude Shannon, enxeñeiro estadounidense, foi o primeiro en tratar matematicamente os problemas das telecomunicacións, e ao resolver en 1948 os problemas básicos da comunicación, sentou tamén as bases da Teoría da Información. Esta teoría non se interesa polo aspecto semántico da información, senón por aspectos como a cantidade de información contida nunha serie de mensaxes e os requirimentos para transmitilos. Shannon estudou o problema de enviar unha mensaxe desde a fonte de información ao seu destino a través dun medio afectado por ruído. Esta mensaxe, ben pode ser voz (sinal analóxico), ou ben unha ringleira de caracteres (sinal dixital). Os sistemas de telecomunicación modernos normalmente dixitalizan a información antes de transmitila. Unha característica importante da mensaxe é a cantidade de información que contén, medida en bits, diferentes dos “bits” ou “binits” (binary digits, díxitos binarios) empregados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de técnicas que permiten obter información da superficie terrestre, das propiedades dos obxectos ou de todo á vez, sen contacto físico con eles e por medio da enerxía electromagnética que emiten ou refliten. Inclúe a fotografía aérea e a fotogrametría. OBS: Tamén se denomina percepción remota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telemando dos movementos dos vehículos que actúa por medio de ondas radioeléctricas, que ao ser captadas polo receptor deste, actúan sobre os mecanismos que accionan os temóns, as rodas e os outros elementos de dirección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acceso á información documental por medios teleinformáticos. Dada unha base de datos informatizada, pode accederse mediante redes de telecomunicacións desde calquera terminal ou microordenador, conectado ao ordenador que a contén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso evolutivo mediante o que o telencéfalo dos vertebrados acada un desenvolvemento e unha complexidade maior a medida que avanza na escala evolutiva. Vaise desenvolvendo unha zona de substancia gris, o neopalio, que vai adquirindo unha importancia cada vez máis grande ata envolver todo o antigo palio, que queda nunha situación interna. Este desenvolvemento do neopalio acompáñase dunha diminución de bulbos olfactivos e dun aumento das funcións superiores: intelixencia, memoria e percepción sensorial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso químico catalítico en que unha ou máis moléculas dunha substancia se combinan cos fragmentos doutra molécula, denominada telóxeno, que quedan como grupos terminais da cadea oligomérica así formada, que recibe o nome de telómero.