Teide, Parque Nacional del

Teide, Parque Nacional del

Espazo natural protexido declarado Parque Nacional en 1954. Situado na illa de Tenerife, Canarias, abrangue 18.990 ha distribuídas nos municipios de La Orotava, Los Realejos, San Juan de la Rambla, La Guancha, Icod de los Vinos, Garachico, Santiago del Teide, Guía de Isora, Adeje, Vilaflor, Granadilla de Abona e Fasnia. Comprende o volcán Teide, de 3.718 m de altitude, e a caldeira volcánica de Las Cañadas. Xeomorfoloxicamente, toda a estrutura conta cunha gran variedade de formas como   covas ou domos. En canto á fauna as aves son o grupo máis representativo. Pódese atopar o lagarteiro, o pimpín azul do Teide, o canario, que forma grandes bandos en primavera e outono, o picanzo, a pomba brava, que habita de forma permanente, e a migratoria rula. Na primavera e no verán chegan bubelas, cirrios e outras especies. Existen unhas 400 especies de insectos, moitas delas endémicas, un único réptil (o lagarto tizón), e algunhas especies de morcegos e ourizos, que son os únicos mamíferos autóctonos. En canto á flora destaca o gran número de endemismos que se atopan como o alelí do Teide ou a margarida do Teide. A pudia xesta é a especie máis abundante, sobre todo a especie Echium wildpretii. Máis arriba dos 3.000 m, ata o cima do Teide, só hai unha especie que consigue sobrevivir, a violeta do Teide.

Palabras veciñas

teicoico, ácido | Teide | Teide, Editorial | Teide, Parque Nacional del | Teiga, Xosé | Teige, Karel | Teijeira Coto, Emilio