"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Político. Afiliado ao PCUS (1921), defendeu a liña stalinista contra os partidarios de Trockij. Foi membro do comité central (1941), do Kominform (1948), do Presídium (1950) e do Politburó (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Diplomático de carreira e deputado desde 1914, foi conselleiro de Clemenceau para os asuntos de política exterior. Ministro con Poincaré (1926-1929), foi presidente do Consello (1929-1930, 1932). Volveu ser ministro noutras ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cedeira. Construída en estilo gótico-barroco durante os ss XVI-XVIII, da anterior igrexa só conserva unha porta no muro N e as pinturas murais, que representan o martirio do santo, tapadas en parte polo retablo barroco. No exterior, destaca a torre campanario do s XVIII de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cuberta cunha cúpula rematada en pináculo. Nas súas inmediacións celébrase unha romaría o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En Roma estudou a técnica de restaurar edificios antigos e publicou dous libros. Protexido polo Tsar Nicolao I, recibiu o encargo de construír, en Moscova, o palacio do Kremlin (1838-1849) e a catedral do Salvador (1837-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e escritor. Encetou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela e estudou humanidades, filosofía e teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas. Doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma cunha tese sobre o pensamento de A. Amor Ruibal e en Filosofía na Universidade de Santiago. Profesor de filosofía da relixión na Universidade de Santiago, coordinou o equipo de especialistas que traduciu a Biblia ao galego. Director de Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián, das súas obras destacan Teoloxía e Sociedade (1974), Constitución y evolución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación (1977), Recupera-la salvación (1977, Premio da Crítica 1978), Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri (1990), O inferno a revisión (1995), El problema de Dios en la Modernidad (1998), Para unha filosofía da saudade (2003),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Vedra. En 1107 a infanta Urraca doouno á Igrexa compostelá con todas as posesións aínda que se reservou o usufruto das súas propiedades mentres vivise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Purtomazovo, Tver 1888 - Moscova 1972) Enxeñeiro aeronáutico ruso. Distinguiuse como construtor de diversos modelos de avións, militares e comerciais (modelos TU-114 e TU-144) e en 1933 proxectou o Maxim Gor’kij. Recibiu o Premio Stalin e o Premio Lenin (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cosmógrafo. Participou na expedición de 1525 con Elcano ás illas Molucas. Trasladado a Nueva España, profesou na orde agostiña (1553) e formou parte, en 1559, da expedición de Legazpi ao Pacífico. En 1565 encontrou a ruta de regreso polo N, tras descubrir a corrente Kuro-Shivo e os contraalisios, e chegou a California, onde percorreu, cara ao S, o litoral de Nueva España ata chegar a Acapulco. Descubriu a ruta máis rápida entre Asia a América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou con Diego de Siloé na igrexa do Salvador (1536), en Úbeda, onde tamén traballou na igrexa do Hospital de Santiago e nos palacios Vázquez de Molina e Vela Cobos. En 1554 foi nomeado mestre de obras da catedral de Jaén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá na Universidade de Santiago de Compostela (2002), foi fundador da revista Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, da que é codirector, e dirixe as coleccións de libros Lucus-Lingua, Lingüística e Grammaton e Logophiles. Como autor publicou Condicionales, concesivas y modo verbal en español (1992), La forma verbal española cantara en su diacronía (1996), Estudios de morfosintaxis verbal española (2002) e El subsistema vocálico español (2002); e como editor destacan La descripción del verbo español (1990), Estudios lingüísticos (1998), Da morfoloxía ao dicionario. Estudios de lingüística galega (2001), Léxico y Gramática (2002) e Gramática e léxico em sincronia e diacronia. Um contributo da lingüística portuguesa (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andries van Wesel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Transformou a igrexa da Madeleine de París (comezada en 1764 na época de Luís XVI) no templo da Gloire (1806-1828), con planta de cruz latina, con cúpula e interior, frontón na fachada e pórticos con columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e guerrilleiro. Enfrontouse aos franceses durante a Guerra da Independencia e colaborou coa Xunta Suprema de Galicia. A causa das súas ideas liberais, secularizouse aínda que finalmente abxurou das súas ideas en 1829. Escribiu, entre outros, Observaciones sobre la libertad de imprenta, acompañadas de algunas razones apologísticas de nuestra santa religión (1811-1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral ruso. Participou na Guerra Civil co exército vermello. Na Segunda Guerra Mundial dirixiu a defensa de Kiev. Capturado polos alemáns, aceptou colaborar con eles. Ao final da guerra os estadounidenses entregáronllo aos rusos, que o condenaron á forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Boris Pilniak, evolucionou da eslavofilia namorada da Rusia antiga de Krasnoje derevo (Caoba, 1929) a posicións soviéticas, como Volga vpadajet v kaspijskoje more (O Volga desemboca no mar Caspio, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto ruso. É autor da catedral da Virxe de Kazan’ (1810-1811), que imita, principalmente na cúpula e na columnata, a San Pedro do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Na súa poesía tenta transmitir a tensión e o dinamismo do tempo actual con ritmos febrís, e chegar á esencia íntima das cousas mediante metáforas complicadas e o uso do grotesco, aliado á linguaxe técnica máis moderna. Publicou, entre outras obras, Antimiry (Antimundos, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Suwalki 6.3.1926) Director cinematográfico polaco. Realizou unha obra de gran realismo crítico sobre problemas profundamente humanos. Da súa filmografía destacan Popiol e diament (Cinzas e diamantes, 1958), Polonawie na muchy (A caza de moscas, 1968), Krajobraz po bitwie (Paisaxe tras a batalla, 1970), Korczak (1990), Pan Tadeusz (1999) e Zemsta (2002). Recibiu un Silbener Bär en 1996 e un Oscar en 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.

    VER O DETALLE DO TERMO