"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da Segunda Escola de Fontainebleau, a súa obra recibiu a influencia de Primaticio. Realizou na galería de Diana, no Château de Fontainebleau, os frescos da lenda de Hércules e no Louvre decorou a galería de Apolo, destruída durante un incendio en 1661. O seu manierismo anunciou o clasicismo posterior. Foi pintor de cámara de Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante, gravador e tratadista alemán. Formouse co seu pai, o ourive Albrecht o Vello, e no obradoiro do pintor e gravador Michel Wolgemunt. Durante a viaxe de aprendizaxe que realizou polo Alto Rin (1490-1494) visitou en Colmar o obradoiro do gravador Martin Schongauer, pouco despois da súa morte, e traballou en Basilea e Estrasburgo como ilustrador de libros. En 1494 viaxou a Italia, onde coñeceu a obra de Mantegna e Bellini e pintou as súas primeiras paisaxes á acuarela. En 1495 instalouse en Nuremberg e abriu un obradoiro. Realizou dous polípticos e o retrato de Federico o Sabio, elector de Saxonia, e converteuse nun dos seus pintores protexidos. En 1505 viaxou de novo a Italia e realizou diversas obras en Venecia. Dende 1512 relacionouse con Maximiliano I, quen lle encargou a xilografía do Arco do Triunfo de Maximiliano. Á morte do emperador, suprimíuselle a pensión anual, que este lle outorgara de xeito vitalicio, e en 1520 viaxou a Anveres para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Abba Eban, residiu en Palestina dende o ano 1942. Foi representante de Israel na ONU (1948-1959) e embaixador nos EE UU (1950-1959). Tras ser elixido deputado laborista en 1959, ocupou diversos cargos ministeriais: ministro sen carteira (1959-1960), ministro de Educación e Cultura (1960-1963), viceprimeiro ministro (1963-1966) e ministro de Asuntos Exteriores (1966-1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro periódico obreirista do Estado español que apareceu en Madrid o 5 de agosto de 1855 e que cesou en febreiro de 1856. Xurdiu nunha época de revoltas políticas que, trala revolución de xullo de 1854, remataron con dez anos de goberno moderado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada por un grupo de anarcosindicalistas galegos exiliados en Francia nos anos corenta do s XX, vencellados á Confederación Regional Galaica da CNT no exilio. Co seu selo publicouse o folleto do vigués Campio Carpio “Curros Enríquez: poeta épico de la España Heróica” (1949), cun prólogo de Miguel Vázquez Valiño, membro destacado do grupo editorial e da Confederación Regional Galaica no exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Durante a Guerra de Independencia foi secretario de Interior da Junta de Gobierno (1813-1814), actividade pola que foi condenado a prisión (1814-1817). Despois da independencia, foi ministro de Interior e de Mariña (1823) e diplomático en Inglaterra (1824). Foi deputado por Santiago (1831) e senador (1831-1846, 1843-1852). Participou na convención que discutiu e aprobou a Constitución de 1833.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestir ou pintar algunha cousa cunha capa de brea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de migmatitas homoxéneas que se caracterizan polo feito de teren unha estrutura cristalofílica moi ben conservada. A miúdo ten grosos cristais de feldespatos, que caracterizan as chamadas embrechitas ocelares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que empobrece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de empobrecer ou empobrecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer máis pobre a alguén ou a algo en sentido material ou inmaterial.

    2. Minguar a proporción dun elemento activo na composición química de, por exemplo, unha mestura ou un mineral.

    3. Facerse pobre ou máis pobre algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar febre.

    2. Pasar a ter febre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Formado probablemente en Anveres, foi unha figura de transición entre o gótico e o Renacemento. Incorporou unha decoración italianizante ás súas obras, entre as que destacan o tríptico Dó de Cristo e os retablos A crucifixión e A lamentación. Foi mestre dos seus fillos, Pieter, Cornelis e Lucas de Leiden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ennobrece.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de ennobrecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Outorgar un título de nobreza a alguén.

    2. Dar nobreza ou maior valor moral a alguén.

    3. Dar un aspecto distinguido a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada en 1995 por José Saramago, autor portugués distinguido co Premio Nobel de Literatura en 1998. Segundo o seu autor, esta novela é a primeira dunha triloxía “involuntaria” sobre a súa visión do mundo actual, conformada por Todos os nomes (1997) e A caverna (2000), na que desenvolve, mediante un discurso alegórico, a historia dunha sociedade atacada de súpeto por unha inexplicable cegueira   e na que pinta unha paisaxe desoladora da condición humana. Comeza co berro esgazado dun home que, atrapado no seu automóbil, se decata de que está cego. Este protagonista, do que non se sabe o nome e que se identifica na novela coa fórmula “o primeiro cego”, descóbrese rodeado por unha brancura total que lle inutiliza os ollos. Esta é a orixe dunha curiosa peste ocular que, pouco a pouco, pero decididamente, se estende pola cidade anónima da novela. Cando resulta evidente que o mal é contaxioso, o goberno decide illar as víctimas nun antigo manicomio abandonado. A esposa do oftalmólogo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de sombra ou de escuridade algo.

    2. Tornar máis escuro mediante sombras ou escuridade.

    3. Causar tristeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entebrecer ou entebrecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO