"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • PERSOEIRO

    Señor de Munster (978) e rei de Irlanda (1002-1014). Loitou contra os viquingos, que ocupaban parte do país, derrotándoos na decisiva batalla de Clontarf (1014). Un grupo dos vencidos, finalmente, asasinouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro norteamericano de investigación multidisciplinaria, fundado no 1946 e dirixido por unha asociación de universitarios baixo contrato co departamento de enerxía dos EE UU. Situado en Long Island, as súas principais liñas de investigación son a física teórica e aplicada, a biomedicina, a enerxética e as ciencias do medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De tendencia simbolista, foi coñecido co pseudónimo de Andrej Belyj. Entre 1902 e 1905 publicou catro Sinfonie (Sinfonías) á maneira das grandes composicións musicais, cargadas de motivos místicos. Cos poemas Pepel (Cinsa, 1909) e coa novela Peterburg (1913) interesouse polos problemas sociais resultantes da revolución de 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de relevo provocada pola incisión das augas torrenciais. Prodúcese en medios áridos, sobre rochas brandas situadas en pendentes fortes, onde a cuberta vexetal é rara ou incluso inexistente.

    2. Camiño fondo entre montañas por onde pasa un regueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cabazo para o viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble rústico, de gran peso e de dimensións desmesuradas.

      1. Obxecto de dimensións desproporcionadas.

      2. Animal de gran tamaño e de aspecto desagradable.

    2. Máscara que se emprega para protexer a cara das picaduras das abellas, cando se castran as colmeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica, que se pode considerar derivada dun hidruro de boro, por substitución dun grupo BH - por un CH. Os carboranos prepáranse por reacción do acetileno (ou dos acetilenos substituídos) con hidruros de boro, mediante o uso de catalizadores básicos ou da descarga eléctrica silente.

    2. Cada un dos tres isómeros do carbono do dicarbadodecaborano B 10 C 2 H 12 , nos que os átomos de boro e de carbono se colocan en forma de estrutura icosaédrica. O isómero orto- ou carborano normal é o máis coñecido dos tres; o isómero meta- ou neocarborano e o isómero para- obtéñense por reordenación térmica do primeiro. O núcleo destes carboranos resiste fronte ao ataque dos ácidos, dos álcalis e dos oxidantes, e unicamente orixina reaccións de substitución de átomos de hidróxeno no ataque con cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abrasivo artificial constituído por carburo de silicio que se fabrica ao quentar unha mestura de coque pulverizado e area silícica a unha temperatura de 2.000°C nun forno eléctrico. Ten unha dureza entre 9 e 10 na escala de Mohs. OBS: Tamén se coñece como carborundum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Temerario (Dijon 1433 - Nancy 1477) Duque de Borgoña (1467-1477), fillo e sucesor de Filipe o Bo e de Isabel de Portugal. Participou na Liga do Ben Público contra Luís XI de Francia e, a través do Tratado de Conflans (1465), conseguiu a vila de Somme e o protectorado borgoñón de Liexa e, polo Tratado de Péronne (1468), acadou a exención de Flandres da xurisdición do Parlamento de París. A rivalidade con Luís XI, sen embargo, proseguiu cunha serie de accións bélicas separadas por treguas. Non conseguiu do Emperador Federico III a concesión da dignidade real, malia que dominou un vasto territorio que foi incrementando durante a súa vida. Sexismundo, duque de Austria, declaróuselle vasalo e polo Tratado de Saint-Omer de 1469 entregoulle a Alta Alsacia, Sundgau e o condado de Pfirt. Renato de Lorena tivo que cederlle diversas prazas fortes en 1473. Tamén incorporou ao estado borgoñón o ducado de Gelderland e o de Zutphen (1473). Axudou o arcebispo Ruprecht de Colonia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos María Isidro de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Montemar. Participou na Guerra de Sucesión loitando no bando borbónico. En 1733 capitaneou a conquista de Nápoles e Sicilia, e derrotou as forzas imperiais en Bitonto, polo que Filipe V lle otorgou o título de duque de Montemar e de Bitonto (1734). De volta a Castela foi nomeado secretario de Guerra (1737-1741). En 1741 marchou a Italia para participar na Guerra de Sucesión contra Austria, pero un desacordo no plan de campaña relegouno do mando e foi, de novo, enviado a España e desterrado temporalmente da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Emigrado a Inglaterra nos comezos do nazismo (1933), traballou con H. Florey en Oxford no estudo das substancias antibacterianas de orixe orgánica. Publicou Penicillin as a Chemostherapeutic Agent (A penicilina como un axente químico-terapéutico, 1940), que foi o punto de partida da utilización terapéutica da penicilina. Recibiu, xunto con A. Fleming e H. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo situado cerca de Blois (Orléanais), no departamento de Loir-et-Cher, unha das mostras máis destacadas da arquitectura renacentista francesa. Foi construído por orde de Francisco I sobre un antigo pavillón de caza dos condes de Blois. As obras iniciáronse en 1519 pero non se remataron ata 1659. É probable que o italiano Bernabei Domenico da Cortona fixera os planos, non obstante levounos a cabo Pierre Nepveu, chamado Trinqueau. Tamén se pensa que Leonardo da Vinci puido traballar neste proxecto cando vivía na corte de Francisco I. O corpo central, de planta cadrada e coroado por un gran número de chemineas, conta cunha dobre escaleira helicoidal. No exterior destacan as torres cilíndricas nos ángulos do edificio e no corpo central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán dos Andes, no Ecuador, no ángulo noroccidental da provincia de Chimborazo (6.272 m). É a cima máis elevada do estado. É un volcán apagado. A primeira ascensión que coroou a cima foi a de Edward Whymper e J. A. Carrel no 1880.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Khristov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.

    2. Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.

    3. Bóveda semiesférica dun edificio.

    4. Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.

    5. Copa grega con forma de flor de nenúfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘casa’.

    VER O DETALLE DO TERMO