"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sodomía ou aos sodomitas.
-
PERSOEIRO
Teólogo e relixioso dominicano. Escribiu De natura et gratia libritres (1547), De iustitia et de iure (1557), que o converteu nun dos creadores do dereito internacional, e In libros sententiarum commentarii (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto grao da escala diatónica, situado entre a mediante e a dominante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade pola que un organismo heterocigoto, para un carácter determinado, mostra unha expresión do xene máis forte que a de calquera dos homocigotos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sexta nota na escala diatónica.
-
GALICIA
Escritor e político. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversos xornais e na Revista de Estudios Sociais do Barbanza. Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, é deputado no Congreso desde 2004. Da súa obra, caracterizada pola presenza de elementos da vida cotiá e do léxico doméstico, destacan Manual de urxencias e retornos (1993), Balsaín blues (1998, Premio Cidade de Ourense), A luz secreta (2002) e a novela Carmín (2002). É membro da AELG e do PEN Club de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imida do ácido n-ftaliglutámico que se emprega como sedante e hipnótico. A causa do seu efecto teratóxeno pode dar lugar a malformacións fetais se é administrada durante o primeiro mes de xestación, e o seu uso foi prohibido desde 1961.
-
GALICIA
Pintor, fotógrafo e ilustrador. Coñecido como Mingos Teixeira, iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Vigo, aínda que fundamentalmente foi un autodidacta. Creador da Escola de Medios Técnicos de Realización Artística “Irmanxelos” en Vigo e coordinador do programa educativo “Escola e arte”, partiu do expresionismo abstracto francés e evolucionou cara á abstracción pura e informalista. Empregou unha materia rica e grumosa con cores exultantes e atemperadas, dotando algunhas pinturas de nostalxia. Destacan Mujer gallega desnuda (1988), En Flandres se ha puesto el sol (1990), Meditaciones poéticas (1994), Retorno á terra (1999) ou Ecos fluídos (2002). Publicou Arte para todos (1999) e Na procura das orixes: 1997-1999 (1999). Recibiu o Premio da Alliance Française e o Premio Internacional del Bajo Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teodemiro.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como El Greco, formouse nas ríxidas formas da arte bizantina. En Venecia (1560) parece ser que traballou no taller de Tiziano e puido coñecer a pintura de Tintoretto, Bassano e Schiavone, como amosan o tríptico da Galleria Estense de Modena, o Retrato de G. B. Porta, Expulsión de los mercaderes del templo e Milagro del cielo. En 1570 chegou a Roma, onde asimilou de Miguelanxo a concepción grandiosa do corpo humano e a tensión dramática: Retrato de Giulio Clovio, La curación del ciego e unha nova Expulsión de los mercaderes del templo. Ao redor de 1575-1576 chegou á Península Ibérica e estableceuse en Toledo, onde pintou o retablo maior de Santo Domingo el Antiguo (1577) e a Asunción, onde coa distorsión dos corpos dos personaxes tentou expresar o seu espiritualismo. O concepto do mundo exaltado polo páthos relixioso obsérvase particularmente en El expolio, da sancristía da catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Traballou para Federico IV de Dinamarca e para Pedro I de Rusia. Fixo, en Peterburgo, a igrexa da fortaleza de San Pedro e San Paulo, o mosteiro de Alexandre Nevski e o edificio dos Doce Colexios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que se obtén do Streptomyces antibioticus e se emprega como oleandomicina, aínda que se absorbe mellor e ten unha acción máis rápida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Tui. Ten a súa orixe en 1272, cando se instalaron aquí os dominicanos, nun lugar chamado Oratorio, xunto ás portas da muralla. En 1328, por motivos de espazo, trasladouse xunto á igrexa de San Xoán de Porto, lugar coñecido como O Rastrillo. A construción iniciouse en 1330 e non se consagrou ata 1524. En 1482 anexionou a antiga igrexa de San Xoán de Porto, que foi derrubada pouco despois e en 1529 tivo que ser reparada pois un raio causou desperfectos na bóveda da ábsida. Nos ss XVII e XVIII tamén se produciron reformas. A igrexa é de estilo gótico e ten planta de cruz latina con tres ábsidas e nave central con tres tramos. A fachada principal é neoclásica (s XVIII) e posúe nun lado a torre campanario. A portada sur procede da igrexa de San Xoán de Porto e conserva no tímpano unha Adoración dos Reis. Foi declarado BIC en 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pluviómetro.
-
PERSOEIRO
Xurista romano. Exiliado por Heliogábalo (222), Alexandre Severo confioulle os cargos de membro do consello imperial, prefecto da annona e prefecto do pretorio. Foi asasinado polos pretorianos. As súas obras fixérono un dos cinco xuristas indicados na lei das Citacións (426) de Teodosio II e Valentiniano III. Case un terzo do Dixesto está extraído das súas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Mar Báltico, situada no golfo de Pomerania, entre a baía de Szczecin e o mar, separada de terra firme pola desembocadura do Peene (445 km2). Desde 1945 está dividida entre Alemaña e Polonia, que posúe 90,8 km2 da súa superficie. O centro principal é Świnoujście.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asalos do rei, en época carolinxia, ao que prestaban homenaxe e con quen quedaban ligados polo xuramento de fidelidade. En contrapartida recibían un beneficio ou concesión territorial. Adoitaban exercer funcións administrativas e misións políticas de responsabilidade.
-
DUCADOS
Territorio francés erixido en 1515, sobre o condado de Vendôme a favor de Carlos de Borbón-Vendôme . O seu fillo e sucesor foi Antonio I de Navarra polo seu matrimonio con Xoana III de Navarra e posteriormente foi herdado polos descendentes destes, o futuro Enrique IV de Francia , quen lle cedeu en 1598 o ducado ao seu fillo, César de Borbón-Vendôme . Foi sucedido polo seu fillo Luís de Borbón-Vendôme , e este tamén polo seu fillo Luís Xosé de Borbón-Vendôme , e á súa morte (1712) o ducado reverteu á coroa. En 1872 foi recuperado por Manuel de Orléans (morto en 1931), bisneto de Luís Filipe I de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO