Teixeira Rodríguez, Domingo José

Teixeira Rodríguez, Domingo José

Pintor, fotógrafo e ilustrador. Coñecido como Mingos Teixeira, iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Vigo, aínda que fundamentalmente foi un autodidacta. Creador da Escola de Medios Técnicos de Realización Artística “Irmanxelos” en Vigo e coordinador do programa educativo “Escola e arte”, partiu do expresionismo abstracto francés e evolucionou cara á abstracción pura e informalista. Empregou unha materia rica e grumosa con cores exultantes e atemperadas, dotando algunhas pinturas de nostalxia. Destacan Mujer gallega desnuda (1988), En Flandres se ha puesto el sol (1990), Meditaciones poéticas (1994), Retorno á terra (1999) ou Ecos fluídos (2002). Publicou Arte para todos (1999) e Na procura das orixes: 1997-1999 (1999). Recibiu o Premio da Alliance Française e o Premio Internacional del Bajo Miño.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo