"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada no condado metropolitano de Manchester (205.357 h [2001]). É un centro de industrias téxtiles, de produción de caucho, pel e amianto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cooperativa de consumo creada en Rochdale en 1844 por 28 obreiros, en gran parte tecedores. Recolleu as teorías de Robert Owen e significou o inicio do moderno cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rodada.

    2. Conxunto formado polo eixe e as rodas do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, foi director de Interviú e Diez Minutos. Escribiu La prensa del silencio (1975), Secuestro en el Mundial 82 (1982), Rojo, impar y pasa (1989), El retorno de los cuerpos (1990) e Flash mortal: los paparazzi, una profesión en el punto de mira (1997). Recibiu o Premio de Novela Camilo José Cela (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de romboide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médica. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e inspectora médica desde 1987, foi xefa da Unidade de Concertos na dirección provincial do SERGAS na Coruña desde 2001. En 2005 foi nomeada conselleira de Sanidade, en representación do PSdG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e Medio Ambiente (1986-1987). Realizou estudos sobre a reforma de estruturas agrarias e infraestruturas urbanísiticas, dos que destacan La ordenación rural de Ourense, La viticultura en Ourense, Condiciones geoeconómicas de la provincia de Ourense-El polígono industrial de San Ciprián de Viñas e Los Espacios Naturales y el desarrollo sostenible (1996). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrícola (1965) e a Cruz de Caballero de Cisneros (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e regado polo río Guadalix (6.521 h [2001]). Centro industrial e residencial, destacan as augas medicinais da Fuente de Pilacón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calzado lixeiro que se compón dunha ou varias tiras de coiro ou doutro material, que o suxeitan ao pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore indíxena de Asia tropical, de follas amplamente lanceoladas e de inflorescencias paniculiformes. A súa madeira emprégase en ebanistaría fina, e del extráese un aceite esencial que se utiliza en perfumaría e farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sapindais.

    2. Planta da orde das sapindais.

    3. Orde de dicotiledóneas dialipétalas, integrada por plantas leñosas segregadoras de resinas ou esencias, con follas alternas e flores hermafroditas. Compoñen esta orde importantes familias como as rutáceas ou as aceráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Cedeira situada na parroquia de Cedeira, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. De nome Lippo di Dalmasio e coñecido como Maso da Bologna, formouse en Boloña e Florencia, onde adquiriu firmeza de debuxo e un certo modo solemne na composición, que incorporou ao seu estilo goticista. Destacan Coronazione della Madonna e Madonna col bambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arizona, EE UU, situada no suburbio L de Phoenix (202.705 h [2003]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sifonocladais.

    2. Alga da orde das sifonocladais.

    3. Orde de clorofíceas que está integrada por algas filamentosas, simples ou ramificadas, de células plurinucleadas, cun cloroplasto parietal e con moitos pirenoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sigmoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sínodo.

    2. Constitución prescrita por un sínodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un sinusoide.

      1. Relativo ou pertencente á sinusoide.

      2. Que se pode representar graficamente mediante unha sinusoide.

    VER O DETALLE DO TERMO