Sarria, Santa María Madalena

Sarria, Santa María Madalena

Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.