"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Carol Lombard, debutou con trece anos en A Perfect Crime (1921). Acadou sona con Safety in Numbers (1930), aínda que tamén destacan os filmes Twentieth Century (1934), My Man Godfrey (1936), pola que foi nominada ao Oscar; Nothing Sacred (1937), Mr. and Mrs. Smith (1941) e To be or not to be (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo alemán. Foi profesor de pedagoxía na Universidade de Jena e director do Instituto Pedagóxico desa cidade. En 1924 ideou o plan Jena, un novo sistema educativo que puxo en práctica nun centro experimental anexo á facultade de Pedagoxía da Universidade de Jena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz canadense. Coñecido como Oscar Peterson, desenvolveu a súa carreira en EE UU, onde herdou o estilo de Nat King Cole, E. Garner e A. Tatum para as súas interpretacións. Acadou sona mundial actuando con primeiras figuras do jazz, sobre todo en tríos e, desde a década de 1970, cada vez máis en solitario. É autor de Jazz Exercises and Pieces (1965) e Oscar Peterson New Piano Solos (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ornitólogo. Introdutor do sistema de identificación das aves a partir da observación no voo, o seu libro Field guide to the Birds of Eastern North America (1934) está considerado unha obra clave da ornitoloxía. Foi galardoado coa Presidential Medal of Freedom (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e reformador sueco, irmán de Olof Petersson. Coñecido como Laurentius Petri, estudou en Wittenberg e na escola de Lutero. Desde 1531 foi arcebispo de Uppsala. Traduciu integramente, co seu irmán, a Biblia (1541) e publicou un himnario (1555) e unhas ordenanzas (1561).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador sueco, irmán de Lars Petersson. Coñecido como Olaus Petri, foi diácono en Strängnäs e director da escola catedralicia. Ao ser acusado de herexía, Gustavo I de Suecia, de quen era conselleiro, fíxoo chanceler do reino (1539). Condenado a morte polo rei por opoñerse ao intervencionismo real na Igrexa, foi indultado e converteuse en pastor principal de Estocolmo (1543). Traduciu integramente, co seu irmán, a Biblia (1541)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. Fundou e dirixiu no Cairo a British School of Archaeology, que se caracterizou polo interese nos descubrimentos menores e pola sistematización do material predinástico. Efectuou numerosas escavacións en Exipto e Palestina, e ensinou exiptoloxía en Londres (1892-1933). Das súas obras destacan Pyramides and Temples of Gizeh (1883) e Personal Religion in Egypt before Christianity (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polipose intestinal con manchas melánicas de distribución labial, facial e dixital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador, escritor e pastor protestante neerlandés. Rompeu coa ortodoxia eclesiástica e residiu en Heidelberg e en Amsterdam como profesor privado e catedrático. As súas publicacións abranguen os campos da historia, da Biblia, da hermenéutica, da arqueoloxía e da crítica literaria. É autor de De nominalismo et realismo (1854), Scholten’s Monisme (1859) e Een studie over de geschriften van Israels profeten (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Vienne, en Poitou-Charentes, Francia, situada sobre un promontorio (83.448 h [1999]). Ten importantes industrias metalúrxicas, eléctricas, de imprenta e de industrialización do coiro. Foi ocupada primeiro polos celtas pitavos e despois polos romanos. Durante a Guerra dos Cen Anos e a causa da Batalla de Poitiers (1356), Francia entregoulla a Inglaterra polo Tratado de Brétigny (1360). Os franceses reconquistárona en 1372, e baixo o Rei Carlos VII (1422-1461) incorporárona a Francia. Do seu patrimonio cultural destacan, da época paleocristiá, o baptisterio de Saint-Jean (s IV) e o hipoxeo merovinxio do Plateau des Dunes (ss VII-VIII). Foi un importante centro da arte románica, con igrexas como Saint-Hilaire-le-Grand (ss XI-XII) e Notre-Dame-la-Grande (ss XI-XII). Da arte gótica destaca a catedral de Saint-Pierre (ss XII-XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en outubro de 732, preto da cidade do mesmo nome, entre as forzas árabes do emir de Al-Andalus, ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Aāfiqī, e as francas de Carlos Martel. Os musulmáns foron derrotados e tiveron que deter a súa expansión cara ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate entre as tropas de Xoán II de Francia e as do príncipe inglés Eduardo o Negro, que tivo lugar en setembro de 1356, preto da cidade homónima, durante a Guerra dos Cen Anos. Os ingleses venceron e capturaron a Xoán II e a seu fillo Filipe o Atrevido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor estadounidense. Viviu en Washington (1835-1836) e instalouse en Florencia (1837). Influído por A. Canova, fixo obras idealistas e esculturas monumentais. Da súa produción destacan Eve, Greek Slave e J. C. Calhoun, en Charleston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícae ao curso que é preparatorio para a entrada na universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica situada na parroquia de Cangas (Foz).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto internacional iniciado en 1998, interesado en determinar a totalidade do xenoma humano a partir do illamento dos xenes e o seu secuenciamento. O estudo realízase a partir da recollida de material hereditario procedente de individuos de gran diversidade de poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dada polos antigos gregos a varias penínsulas, en especial á de Crimea (Quersoneso Táurico) e Gallipoli (Quersoneso de Tracia). Posteriormente, aplicouse a Xutlandia (Quersoneso Címbrico) e á Península de Malacca (Quersoneso Asírico).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal británico. Durante as campañas napoleónicas foi axudante de campo do duque de Wellington. Comandou as tropas británicas na Guerra de Crimea (1853-1856) e faleceu no asedio a Sebastopol.

    VER O DETALLE DO TERMO