"Francisco" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 574.

  • Convento situado en Ribadavia. Está situado na beira esquerda do Avia. Fundado baixo a advocación de santo Antonio, foi noviciado e colexio de artes. As obras do templo iniciáronse en 1605 e non remataron ata 1639, cando se acabou o claustro, do que se cubriron os arcos un tempo despois. Tras a exclaustración pasou a mans de particulares ata que en 1915 unha parte da construción volveu aos franciscanos. A igrexa ten tres naves, todas elas abovedadas. No seu interior conserva un altar churrigueresco, ademais parte do cadeirado do coro oxival do s XVI que pode proceder da catedral de Ourense. No exterior destaca a torre barroca cun pequeno balcón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde no convento da Peña de Francia e foi colexial por Lugo no colexio de San Gregorio de Valladolid, onde foi lector de Artes e Filosofía. Foi mestre de teoloxía en Piedrahita, Trianos, Toro e Ávila. Presentado en Teoloxía en 1615 e mestre en 1623 foi prior dos conventos de Peña de Francia, Oviedo, Ocaña, Toro e Atocha e reitor de San Gregorio de Valladolid (1631)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e investigador literario. Foi profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, patrón do Instituto Cervantes e secretario xeral do Centro para a Edición de Clásicos Españoles. Especialista en Petrarca, no humanismo e na literatura medieval e renacentista, publicou La novela picaresca y el punto de vista (1970), El pequeño mundo del hombre (1970), Alfonso el Sabio y la “General Estoria” (1972), Vida u obra de Petrarca (1974), Nebrija frente a los bárbaros (1978) e Primera Cuarentena (1983). Editou numerosos textos e dirixiu Historia y Crítica de la literatura española (1980-1992) en nove volumes. Publicou tamén Texto y contextos. Estudios sobre la poesía española del siglo XV (1990), El sueño del humanismo (de Petrarca a Erasmo) (1993), Mil años de poesía española (1996), con outros autores, e Poesía de España (1996). Recibiu o Premio Menéndez y Pelayo por unha edición crítica do Quijote...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. De tendencia liberal, foi membro da Deputación Provincial (1854-1862), deputado nas Cortes polo distrito de Pontevedra durante tres lexislaturas (1858-1866), senador pola provincia homónima en dúas ocasións (1872 e 1876-1877) e senador vitalicio desde 1877. Destacou polo seu talento industrial e, en 1869, fixo a presentación política de Uxío Montero Ríos en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Protexido do conde-duque de Olivares, é a figura máis destacada da escola poética sevillana contemporánea de Góngora. Destacan as silvas e os sonetos morais en que canta os temas barrocos da melancolía e o desengano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e concertista. Coñecido como El Pianista de la Troya, obtivo o premio extraordinario fin de carreira José Tragó. Foi alumno de W. Kerchbaumer e W Kerchbaumer en Viena, e H. Kraxton en Londres. Ingresou na Meister-Klasse do Conservatorio Nacional de Saarbrucken, onde tivo como profesor a W. Gieseking. Profesor no Conservatorio Superior de Madrid, ofreceu concertos en diversos países de Europa, América e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Técnico de radiodifusión, traballou nos campos da publicidade, as relacións públicas e o xornalismo. Foi xerente do Patronato de Cultura do Concello de Lugo e redactor xefe de Cope Lugo ata 2000. Director das revistas El Confidencial e Praza Maior, foi presidente da Asociación Provincial de Radio e Televisión e da Asociación da Prensa Deportiva. Dirixiu e presentou o programa Lucenses, en Telelugo, desde 1997. Publicou Los Lucenses (1974) e, en colaboración con Marta Rivera, Lucenses 2 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo de Bertomeu Fernández, realizou fundamentalmente imaxinaría relixiosa. Das súas obras destacan Santa Filomena e a Virxe do Carme de San Xoán de Ortoño, as imaxes de Santa Bárbara e San Brais para o santuario da Nosa Señora dos Milagres de Amil (1850), posteriormente trasladadas á igrexa parroquial de San Mamede de Amil, e a Crucifixión da sancristía de Sigrás en Cambre (1866), onde introduciu o modelo iconográfico dos catro cravos na cruz. O seu obradoiro continuouno a súa filla Dolores Rodeiro Boado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista. Catedrático emérito de Filoloxía Grega da Universidad Complutense de Madrid, especializouse en lingüística e cultura clásica. Presidiu a Sociedad Española de Estudios Clásicos e a Sociedad Española de Lingüística e dirixiu as revistas Emérita e Revista Española de Lingüística y Estudios Clásicos. Fundou e codirixiu o Dicionario griego-español do CSIC, con cinco volumes publicados, e dirixe a Colección Alma Mater de Autores Griegos y Latinos. Publicou obras sobre literatura e filoloxía grega antiga, lingüística indoeuropea e lingüística. Entre elas destacan Ilustración y política en la Grecia clásica (1965), Estudios de lingüística general (1969), Lingüística estrutural (1969), Fiesta, comedia y tragedia. Sobre los orígenes griegos del teatro (1972), Lingüística indoeuropea (1975), El mundo de la lírica griega antigua (1981), El concepto del hombre en la antigua Grecia (1986), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Campos, estudou música no Conservatorio da Coruña e na Escola de Música de Santiago de Compostela, ademais de teatro na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Director de dobraxe de Vídeo Galicia e Intereuropa, como actor de teatro colaborou en diversas montaxes teatrais, como Ernest, de O. Wilde, e O auténtico Oeste, de Sam Shepard; e nas series de televisión Pratos combinados, Mareas vivas e Galicia Express e Nada es para siempre. Participou nos filmes Dáme Lume (1993), de Héctor Carré, Ilegal (2002), de Ignacio Vilar, e Heroína (2005), de Gustavo Herrero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Formado como enxeñeiro xeógrafo, foi axente consular de Arxentina e traballou como redactor de xornais. Publicou Los novelistas contemporáneos (1903), Estudios económicos: el proteccionismo en Argentina (1904), Problemas económicos e financieros (1905) e Impresiones (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Foi presidente de Hércules de Ediciones, de Nova Construción Galega SA, de Inmobiliaria Residencial del Noroeste SA e da Fundación Rodríguez Iglesias, creada para promover a arte e a cultura galega. Foi o artífice da publicación Proyecto Galicia e recibiu a distinción de Galego do ano do grupo El Correo Gallego (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO