Rico Manrique, Francisco

Rico Manrique, Francisco

Erudito e investigador literario. Foi profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, patrón do Instituto Cervantes e secretario xeral do Centro para a Edición de Clásicos Españoles. Especialista en Petrarca, no humanismo e na literatura medieval e renacentista, publicou La novela picaresca y el punto de vista (1970), El pequeño mundo del hombre (1970), Alfonso el Sabio y la “General Estoria” (1972), Vida u obra de Petrarca (1974), Nebrija frente a los bárbaros (1978) e Primera Cuarentena (1983). Editou numerosos textos e dirixiu Historia y Crítica de la literatura española (1980-1992) en nove volumes. Publicou tamén Texto y contextos. Estudios sobre la poesía española del siglo XV (1990), El sueño del humanismo (de Petrarca a Erasmo) (1993), Mil años de poesía española (1996), con outros autores, e Poesía de España (1996). Recibiu o Premio Menéndez y Pelayo por unha edición crítica do Quijote (1998). Membro da Real Academia Española, é doutor honoris causa polas universidades de Nápoles e Bordeos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona