"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

    1. Órgano no seu primeiro estadio de formación.

    2. Órgano que, tras a fecundación, se transforma en semente. OBS: Tamén se denomina rudimento seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • KRAJ

    Ou Territorio do Litoral Kraj de Rusia (165.900 km2; 2.195.300 h [estim 1999]). A súa capital é Vladivostok. Comprende o litoral do mar de Xapón, a metade meridional dos montes Sikhote-Alin’ e a maior parte da chaira de Prikhanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é excelente pola súa delicadeza, esmero ou beleza.

    2. Que fai as cousas con destreza e esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fillo ou á filla que naceu primeiro.

    2. Liña orixinada polo fillo primoxénito da estirpe e continuada polos sucesivos primoxénitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de primoxénito.

    2. Conxunto de dereitos do primoxénito. No Antigo Testamento, o primoxénito do pai tiña dereito a unha parte dobre dos bens paternos e a ser o cabeza de familia, e o da nai tiña que ser consagrado a Iavé. Na Idade Media, pola lei sálica, o feudo era indivisible, inalienable e transferible ao primoxénito home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar máis achegado a outro no espazo, no tempo ou nunha orde lóxica.

    2. Que está preto no espazo ou no tempo.

    3. Que está achegado afectiva ou ideoloxicamente.

    4. Que se asemella moito a algo.

    5. Persoa humana con relación a calquera outra.

    6. Parentes máis achegados. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome ficticio utilizado por un autor ou un artista para ocultar a súa verdadeira identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é extremadamente pulcro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica que promulgou o Papa Pío XI en 1931 con motivo do cuadraxésimo aniversario da Rerum Novarum. Retomou e desenvolveu os temas principais desta, como a propiedade privada, a moderada intervención do estado, a distribución equitativa da riqueza e as sociedades corporativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, tradutor e ensaísta. En Florencia (1929) relacionouse con escritores e cos círculos de intelectuais, e publicou Acqua e terre (1930), a primeira composición poética, L’oboe sommerso (1932), Erato e Apollion (1936), Poesie (1938) e Ed è subito sera (1942), onde recolleu toda a obra poética do período precedente. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou na Odisea, na obra de Catulo e Sófocles, no Evanxeo de san Xoán, e máis adiante na obra de Esquilo, nos poetas da Antoloxía Palatina, en Shakespeare, Pablo Neruda e Cummings. Influído pola poesía clásica, foi un dos principais poetas da escola hermética, relacionada co simbolismo e co surrealismo. A partir de 1945 publicou Giorno dopo giorno (1947), Il falso e vero verde (1956), La terra impareggiabile (1958), Il poeta e il politico e altri saggi (1960), os Scritti sul teatro (1961) e Dare e avere (1966). Recibiu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que queima ou que produce moita calor.

    2. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘allo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cebola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 20 de abril de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo e Vilapedre, e no barrio de Moreda da parroquia de Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba, e nas parroquias da Balsa e do Viveiró, no concello de Muras. Toma o seu nome da parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, que constitúe o seu punto de orixe. Presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala cunha codia afumada e algo graxa. A súa pasta é semidura, con fendas, preta e de cor entre branca e amarela. A característica fundamental deste queixo é o seu afumado, despois do período de maduración que é de sesenta días, que se realiza de forma artesá con madeira de bidueiro. É un queixo entre un 45% e un 60% de materia graxa que se comercializa en dous tamaños distintos, ordinario e bufón, de menor peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa líquida e espesa en que se converte o bolo alimentario para a dixestión gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘zume’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘onda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método radiográfico en que se aprecian as vibracións larínxeas, bucais e nasais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato fonético, inventado por K. Ludwig en 1847, que recolle e fixa experimentalmente as vibracións sonoras da fala inscritas sobre unha superficie plana, e que en 1863 perfeccionou H. von Helmholtz e, a principios do s XX, Jean-Pierre Rousselot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da fala en que se poden apreciar e analizar as vibracións larínxeas, bucais e nasais das emisións lingüísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Túnica de orixe xaponesa, longa, de mangas amplas, cruzada por diante e cinguida cunha faixa chamada obi. Adoita ser gris ou parda para os homes, e de diferentes cores para as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO