Quasimodo, Salvatore
Poeta, tradutor e ensaísta. En Florencia (1929) relacionouse con escritores e cos círculos de intelectuais, e publicou Acqua e terre (1930), a primeira composición poética, L’oboe sommerso (1932), Erato e Apollion (1936), Poesie (1938) e Ed è subito sera (1942), onde recolleu toda a obra poética do período precedente. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou na Odisea, na obra de Catulo e Sófocles, no Evanxeo de san Xoán, e máis adiante na obra de Esquilo, nos poetas da Antoloxía Palatina, en Shakespeare, Pablo Neruda e Cummings. Influído pola poesía clásica, foi un dos principais poetas da escola hermética, relacionada co simbolismo e co surrealismo. A partir de 1945 publicou Giorno dopo giorno (1947), Il falso e vero verde (1956), La terra impareggiabile (1958), Il poeta e il politico e altri saggi (1960), os Scritti sul teatro (1961) e Dare e avere (1966). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1959).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Modica -
Deceso
Lugar : Nápoles