"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
GALICIA
Historiador. Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario xeral da universidade (1961-1968), vicerrector (1968-1974) e reitor (1974-1975). Concelleiro e primeiro tenente de alcalde no concello de Santiago de Compostela (1955-1961), foi deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente da Caja de Ahorros de Galicia. Escribiu El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza (1951), La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro (1958), El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media (1981), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995), El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media (1996) e El Archivo del Monasterio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Integrante da xeración poética de 1936, foi un asiduo colaborador de publicacións periódicas como o xornal País, de Pontevedra. Militou nas Xuventudes Comunistas Obreiras e, trala guerra, foi correspondente de Radio España Independiente. Nas súas frecuentes viaxes por Francia e diversos países americanos relacionouse coa oposición ao réxime franquista e coa Federación das Sociedades Galegas. Da súa obra, moita dela escrita en castelán a causa da censura, destacan Nacencia. Cuentos y poemas (1950), Vicente y el otro (1968), La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974), Escolma ferida (1977) e O sol na crista do galo (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, ensaísta e dramaturgo. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do s XX. En 1885 fundou en La Habana A gaita gallega, o primeiro periódico americano redactado en lingua galega. En 1916 participou na Irmandade da Fala da Coruña, foi membro do Seminario de Estudos Galegos e foi cofundador e presidente (1934-1935) da Real Academia Galega e do sindicato Solidaridad Gallega. Como membro do consello executivo do Partido Galeguista, formou parte da comisión redactora dos estatutos da organización e do anteproxecto do Estatuto de Autonomía (1932). Participou tamén na posta en marcha da Escuela Regional Gallega de Declamación, a primeira compañía teatral en lingua galega, coa que estreou algunhas das súas pezas máis destacadas. Da súa produción destacan Soidades (1894), Noitebras (1901), Versos de loita (1919), Ardencias (1927) e As Mariñas de Sada (1928). Como dramaturgo é autor de dramas rurais...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xoti de Luis, foi membro dos grupos A Carón, A Galga e Gruporzán. Realizou obras de estilo postimpresionista cunha paleta de cores cálidas e co emprego da mancha solta. Foi autor de diversos murais na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Formado na Institución Libre de Enseñanza, na súa estadía en París asimilou elementos simbolistas. As súas primeiras composicións reflectiron o seu interese polo modernismo, abandonado posteriormente, e recuperado en Phoenix (1936). Utilizou unha linguaxe coloquial con raíces no modernismo e no folclore. Destacan as súas obras Alma (1900), de carácter modernista, e Alma, museo y cantares (1907), onde presenta aspectos máis persoais, de ruptura co modernismo e co simbolismo. Sobresaen tamén El mal poema (1909), Cante hondo (1912) e Sevilla y otros poemas (1920). Escribiu obras de teatro co seu irmán, das que sobresaen La Lola se va a los Puertos (1929) e La duquesa de Benamejí (1930). Presenta tamén dúas composicións de temática galega “Evocación“ e “Sinfonía gallega”. Foi membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Traballou no diario brasileiro A Actualidade e en La España, para logo fundar El Diario Español de Montevideo (1906), que dirixiu posteriormente un fillo seu.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), onde traballou na área de filoloxía. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como El Pueblo Gallego, Nós e A Nosa Terra, xunto con Filgueira Valverde, Lois Tobío e Cordal Carús, contribuíu á elaboración do Vocabulario popular galego-castelán, que se entregaba con El Pueblo Gallego. Ademais de diversos artigos de ensaio, publicou, dentro da colección Lar, os relatos O kalivera 30 H.P. (1926) e O filósofo de Tamarica (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Foi alumno de Asorey, López del Riego e Acuña, e director da Escola de Artes e Oficios de Lugo. Desde a década de 1980 traballa nas obras inacabadas da Sagrada Familia de Barcelona, para as que realiza columnas, capiteis e pináculos no seu taller de Begonte. Recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2001) e a Medalla Castelao (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formado na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, colaborou en La hora e Alcalá, e realizou murais e escenografías para o Teatro Español Universitario. Introduciu a arte abstracta en España e foi un dos pioneiros da vangarda española da década de 1950. Traballou na renovación da pintura con obras como Verdes y redes (1950-1951), Ocre y gris (1960) e Composición (1960), onde expresou o paso da figuración cara ao xestual co establecemento dunha organización abstracta e xeométrica das relacións formais, cromáticas e lumínicas. Empregou a mancha firme de cores puras e abordou a estrutura compositiva e a diferenciación cromática. A finais desta década decantouse cara a unha abstracción baseada na action painting e amosou afinidades co grupo El Paso. Posteriormente, aventurouse no campo da escena e vinculouse ao mundo do teatro e do cine, onde traballou como figurinista e decorador e realizou as escenografías das obras teatrais La Celestina e Medea ou a ópera Norma. Traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou un importante labor de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Ademais, publicou diversos capítulos en obras colectivas e numerosos artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Das súas obras destacan Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), Que enterren o meu corazón en Loureses (1992), El valle de Josafat, un fresco de la España actual (1993), O ciclo da vida (1998), en colaboración con Fina M. Antón, En cueros vivos. Pensamiento de C. J. C. sobre el hombre (2002) e O burro (2002). Forma parte da Societé des Étudiés Euroasiatiques, da Societé de Mythologie Française e da EASA (European Association of Social Anthropologists). É membro fundador de EURETHNO (Organización de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel J. Francisco Prieto Comesaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro home, pai da historia, proxenitor da raza humana e primeiro lexislador entre os vedas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que significa ‘co poder militar’ ou ‘coa forza das armas’, que se emprega cando se produce unha intervención militar.
-
-
-
Que se fai coas mans.
-
Que realiza o traballo coas mans.
-
-
Que é doado de manexar.
-
-
Libro que expón as noticias fundamentais sobre un tema determinado, dunha maneira amplia e exhaustiva e que facilita unha consulta áxil e rápida.
-
Libro que contén os ritos cos que se administran os sacramentos na liturxia.
-
-
Dereito que cobraban pola súa sinatura os xuíces ordinarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso en Ourense por Rodrigo de Lavandeira en 1510. Está entre as nove únicas impresións ou incunables da primeira década do s XVI en Galicia dos que existen exemplares. Consérvase un fragmento de 42 follas no arquivo parroquial de Santa Eufemia (Ourense), que descubriu Antonio Odriozola en 1979 nas gardas dun libro de bautizos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso o 10 de xuño de 1496 en Monterrei por Juan Gherlinc para a diocese de Braga. O único exemplar coñecido deste manual desapareceu no incendio da biblioteca do Pazo Arcebispal de Braga o 15 de abril de 1866.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1532 por Pedro de Villalta e o mestre Nicolás de Saxonia. Deste manual, elaborado por orde do cardeal Pedro de Cebrián para a administración dos Santos Sacramentos, fixéronse 1.000 exemplares, seguindo o exemplo do xa feito para a diocese de Toledo.
-
-
Picaporte que permite abrir ou pechar unha porta ou ventá.
-
Mecanismo de transmisión ao que se lle pode imprimir un movemento de rotación.
-
Tubo central da umbrela das medusas.
-