"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Aplícase á substancia ou ao medicamento que restaura ou estimula a actividade mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia farmacoloxicamente activa que destrúe ou anula as facultades mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia farmacoloxicamente activa que modifica as funcións normais mentais ou facultativas afectivas. A psilocibina e o LSD son psicótropos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénese e formación da psique. É o obxecto da psicoxenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estuda a xénese e formación da psique a partir da observación dos condicionamentos e acontecementos psíquicos cuxo influxo é determinante das formas e manifestacións, normais ou patolóxicas, da persoa, como individuo e como membro dun grupo social. Entre os elementos que atende primordialmente destacan as denominadas situacións psicóxenas, as faltas educativas e os traumatismos emocionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘frío’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Microorganismo cunha temperatura óptima de desenvolvemento comprendida entre 15° e 20°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a humidade do aire, utilizado por primeira vez cara a 1820, formado por dous termómetros, dos que un mide a temperatura ambiente e o outro, chamado húmido, que está envolto nun tecido empapado de auga destilada, mide unha temperatura máis baixa, xa que, ao evaporarse a auga que o impregna, é absorbida unha certa cantidade de calor. A diferenza de temperatura entre os dous termómetros permite determinar a humidade relativa do aire, ao aplicar a fórmula de Sprung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide indólico, moi similar á serotonina, que forma uns cristais brancos e foi empregado en psiquiatría cuns efectos semellantes aos do LSD. Pode localizarse nos fungos do xénero Psilocybes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde dos agaricais, coa cutícula lisa, de cor branca amarelada ou avermellada, e coa marxe non estriada. As láminas son ascendentes, pretas, pardas ou algo grises coa marxe branca. O pé é moi delgado, duro, sen bulbo nin cortina, da mesma cor ca o sombreiro. O trazo máis distintivo deste xénero é unha pequena mamila no centro do sombreiro, de forma moi acampanada. En Galicia localízase a especie P. semilanceata durante o outono en lugares herbáceos con excrementos. Ten propiedades psicodélicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás psilofitais.

    2. Planta da orde das psilofitais.

    3. Orde de psilotópsidas, propias do Silúrico e do Devónico. Eran plantas de porte herbáceo ou arbustivo, sen raíces e sen follas. Habitaban terreos húmidos ou pantanosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de manganeso e de bario, de fórmula (Ba,H2O)2Mn5O10. Mineral que cristaliza nun sistema monoclínico, é de cor negra ou gris escura. Abunda na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás psilotais.

    2. Planta da orde das psilotais.

    3. Orde das psilotópsidas integrada por plantas herbáceas perennes, sen raíces, de rizomas con rizoides, talos dereitos e dicotómicos, e follas pequenas, escamiformes, dispostas helicoidalmente. Comprende unicamente dous xéneros (Psilotum e Tmeripteris), propios de países cálidos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás psilotópsidas.

    2. Planta da clase das psilotópsidas.

    3. Clase de pteridófitas que inclúe só a orde fósil das psilofitais e a orde actual das psilotais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘alma’, ‘psique’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo usado polos psicólogos e psicanalistas modernos, no lugar das palabras alma ou espírito, que se refire á totalidade organizada dos procesos conscientes e inconscientes, e á actividade intencional do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personificación mitolóxica da alma, representada como doncela dunha fermosura extraordinaria e que, segundo Apuleio, casou con Eros, co que se adoita representar artisticamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en psiquiatría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que ten por obxecto o estudo, a diagnose e o tratamento das desordes e as enfermidades mentais, e dos problemas de adaptación da personalidade. Desenvolveuse historicamente no marco da medicina. O estudo da patoloxía psíquica comezou propiamente no s XVI, coas achegas dos médicos renacentistas Paracelso e F. Patter, pero a constitución da correspondente especialidade non chegou ata finais do s XVIII, con W. Cullen, V. Chiarugi, J. Daquin, J. G. Langermann e Ph. Pinel. No s XIX houbo unha extraordinaria floración da psiquiatría no mundo xermánico; cómpre destacar a W. Griesinger, P. J. Moebius, que distinguiu psicoses endóxenas e esóxenas; e E. Kräpelin. En canto á psiquiatría francesa, destacan P. de Vinay, V. Magnan, B. A. Morel e P. Janet. Sucesivas achegas no campo psiquiátrico foron, entre outras, as da terapia hipnótica, as das técnicas da psicanálise e as dos máis modernos descubrimentos farmacolóxicos, así como a aplicación doutros métodos terapéuticos, como por...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á psiquiatría.

    2. Hospital destinado á atención de afeccións psiquiátricas. OBS: Tamén recibe o nome de hospital psiquiátrico.

    VER O DETALLE DO TERMO