psicoxenia
psicoxenia
(
s
f
[PSIC]
Disciplina que estuda a xénese e formación da psique a partir da observación dos condicionamentos e acontecementos psíquicos cuxo influxo é determinante das formas e manifestacións, normais ou patolóxicas, da persoa, como individuo e como membro dun grupo social. Entre os elementos que atende primordialmente destacan as denominadas situacións psicóxenas, as faltas educativas e os traumatismos emocionais.