"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
FILOSOFOS
Filósofo e escritor inglés. Foi un dos teóricos do nacionalsocialismo. En 1885 trasladouse desde Inglaterra para estudar en Dresden e posteriormente se estableceu en Viena. Na súa obra principal Die Grundlagen des neunzehten Jahrhunderts (Os fundamentos do s XIX, 1899), fai unha interpretación da superioridade da raza aria. Durante a Primeira Guerra Mundial posicionouse como panxermanista e partidario da anexión a Alemaña de todos os pobos de orixe xermana. É autor de dúas monografías sobre Richard Wagner, compositor no que se inspirou para desenvolver unha filosofía de carácter nacionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Estudiou no Black Mountain Collage. Influído polas propostas obxectuais dadaístas e pola figura de David Smith, desde finais dos anos cincuenta empregou como material básico restos de automóbiles desfeitos e ensamblados na procura dunha figuración dramática próxima ao informalismo (Assemblages). Afastado de preocupacións sociais, a súa proposta é máis pictórica ca ideolóxica, próxima ao esteticismo do Pop Art.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde de Birmingham en 1873 e, como membro do Partido Liberal, exerceu o cargo de ministro de Comercio (1880-1885). En 1895 foi nomeado ministro de Colonias; dende o seu cargo apoiou a Guerra dos Bóers (1899-1902). En 1900 outorgou o estatuto de dominio a Australia e a Nova Zelanda. Contrario ao libre cambio, presentou un proxecto que propugnaba a implantación dun sistema comercial proteccionista entre os membros do Imperio Británico, pero non foi aceptado. Retirouse da política en 1906 ao ser derrotado o Partido Liberal Unionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, fillo de Joseph Chamberlain. Foi elixido deputado liberal unionista en 1892. Durante o ministerio de Balfour exerceu como ministro de Finanzas (1903-1906). Foi secretario para a India dende 1915 ata 1918, ano no que regresou ao ministerio de Finanzas. Secundou a política proteccionista do seu pai e estableceu unha rigorosa política fiscal que foi moi criticada. Ministro de Asuntos Exteriores (1924-1929), promoveu o Pacto de Locarno (1925) e prestou o seu apoio ao de Briand-Kellogg (1928) e á Sociedade de Nacións. En 1925 recibiu, xunto con Charles Drawes, o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Entre 1942 e 1946 participou no proxecto Manhattan, co que se logrou confeccionar a bomba nuclear. No bevatrón de Berkeley demostrou, xunto con E. Segrè, a existencia do antiprotón en 1955. Ambos os dous recibiron o Premio Nobel de Física en 1959.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Membro da escola neoclásica de economía, en 1933 formulou o concepto de competencia monopolista na súa obra The Theory of Monopolistic Competition (A teoría da competencia monopolística).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de arquitectos londinense que en 1952 gañou o concurso para a construción dos edificios que eran propiedade do estado na City de Londres.
-
PERSOEIRO
Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Fillo de artistas de vodevil, debutou nos escenarios en 1898 coa compañía Eight Lancashire Lads, un grupo de oito rapaces dirixidos por William Jackons que realizaba números musicais. Despois continuou traballando nos teatros de variedades de Londres, onde aprendeu a construír personaxes e a preparar breves números cómicos e burlescos. Despois de participar en diversos espectáculos de relativo éxito, en 1908 entrou a formar parte da compañía de Fred Karno, Speechless Comedians, especializada en números de pantomima, coa que visitou o Folies Bergère de París e realizou unha xira por América. Nunha desas funcións de teatro de vodevil nas que participaba, foi descuberto por Groucho Marx. En 1913, despois dunha intensa traxectoria teatral, incorporouse á industria cinematográfica. Ese mesmo ano debutou en EE UU coa produtora Keystone, de Mack Sennett. Desenvolveu a súa poética de vagabundo romántico, marxinado da sociedade, popularizado co nome de Charlot,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de charlar.
-
Exposición oral arredor dun tema ante un público, sen demasiada preocupación polo aspecto formal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de charlar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar entre si dúas ou máis persoas sobre temas sen transcendencia ou sobre calquera tema amigablemente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave de 18 cm de lonxitude que se caracteriza por presentar o macho unha plumaxe xeral negra, agás a mitra e a parte superior das alas que teñen unha cor branca, e a caluga de cor amarela. A femia é de cor castaña con riscas máis escuras e coa gorxa e o peito brancos. Aliméntase principalmente de sementes, polo que pode afectar localmente a cultivos como o do arroz. É unha especie bulleira que se despraza en grandes bandos. Aniña nas praderías norteamericanas e pasa o inverno nas pampas sudamericanas.
-
-
Persoa que fala moito.
-
Persoa que promete cousas irrealizables ou cousas en favor de alguén e que non vai cumprir. Ex: Os máis dos políticos son uns charlatáns.
-
endedor, normalmente ambulante, que pregoa as calidades das súas mercadorías berrando moito. Ex: Hai tempo que non vexo polo lugar ningún charlatán dos que viñan antes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de charlatanear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falar moito e sobre asuntos sen transcendencia. Ex: Sempre os vexo charlataneando diante da taberna.
-
-
Calidade de charlatán. Ex: É sorprendente a súa charlatanería, se a atopas fortuitamente non te deixa tranquilo.
-
Cousas que di un charlatán, falsas ou carentes de valor. Ex: Xa estamos afeitos ás súas charlatanerías, pero nunca cumpre nada do que di.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Hainaut, Bélxica, á beira do río Sambre (204.899 h [1997]). É o centro dunha rica conca hulleira e de mineral de ferro que se estende dende Hainaut ata Liexa. Ten a súa orixe no pequeno lugar de Charnoy; en 1666 o marqués de Castel Rodrigo levantou unha fortaleza que recibiu o nome actual en honor de Carlos II o Enfeitizado. No 1668 pasou a Francia, e pola Paz de Nimega (1678-1679) volveu aos Habsburgo hispánicos. No 1794 foi conquistada polos franceses e a partir de 1814 pasou a formar parte dos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política dominica. Membro do Dominican Freedom Party (DFP), foi elixida parlamentaria en 1975, ministra de Asuntos Exteriores entre 1980 e 1990 e de Defensa entre 1985 e 1995. Foi a primeira muller que ocupou no Caribe o cargo de primeira ministra en 1980, posto no que permaneceu ata 1995.
VER O DETALLE DO TERMO