"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Comezou a súa carreira cun estilo de influencia italiana, pero continuou cun estilo puramente clásico francés, do que foi un dos iniciadores. En París realizou obras como o Hôtel de la Vrillière (1635-1645), a escaleira central do Hôtel Carnavalet (1654), o Hôtel Tubeuf, o Hôtel Fieubert e a cúpula do oratorio da igrexa de Val-de Grâce, rematada por J. Lemercier. Fóra de París, proxectou a á Orléans do castelo de Blois (1635-1638) e o castelo de Maisons. Atribúeselle a invención das mansardas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jules Hardouin-Mansart.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio teatral de periodicidade anual que creou en 1997 a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena, en colaboración co concello da Coruña e a asociación Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión, co que se recoñece o labor desenvolvido pola profesión teatral galega en cada un dos apartados en que se divide unha produción (interpretación, dirección, maquillaxe, escenografía e vestiario).
-
GALICIA
Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Joseph García Balboa.
-
GALICIA
Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Coñecida como Ana Pasarín, dirixiu con Alberto Castro Couso o taller Abracadabra. A súa obra caracterizouse polo emprego da liña curva e a preocupación polo ser humano. Na década de 1970 a temática ampliouse co mundo dos paxaros como símbolo do voo e da busca doutros mundos. Destacan as súas series Homenaje a Alfonsina Storni (1988) e Ventanas a la fantasía (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. De formación autodidacta, participou nos espectáculos Saxo Tenor, con Teatro do Aquí, A lagarada co Centro Dramático Galego e Na soedade dos campos de algodón, A casa de América e As presidentas, coa compañía A Factoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político checo. En 1882 obtivo a cátedra de filosofía na Universidade de Praga e distinguiuse polo seu rigorismo moral e o seu humanitarismo sociolóxico. Foi un dos fundadores (1900) e ideólogo do Partido Popular Checo, que loitaba pola autonomía contra o Imperio Austrohúngaro. Desenvolveu no estranxeiro unha intensa obra de propaganda para conseguir un estado checoslovaco independente, e en 1918 foi elixido presidente da República ata 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tumor que presenta todos os caracteres do sarcoma, do que só se distingue pola abundancia de pigmentos.
-
sarcoma melánico.
-
-
PERSOEIRO
Apoloxista cristián. Bispo de Sardes e contemporáneo de Marco Aurelio (121-180) escribiu máis de vinte obras, das que só se conservan partes da súa Apologia, e unha homilía sobre a Pascua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, lexicógrafo e gramático hebreo. Residiu en Córdoba e estivo baixo o mecenado de I Palatino; ṣḥ aq ibn Šaprut e do seu fillo Hasday. Dedicouse aos estudos gramaticais e redactou o Mahberet, primeiro léxico bíblico completo en hebreo. A súa obra poética fundamental foi unha carta rimada de estilo bíblico que escribiu no cárcere.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos funcionarios romanos que constituían unha clase de tribunal nos mercados, ao que recorrían os acredores contra os debedores.
-
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro. Alcalde da Cañiza desde 1976, foi membro (1976-1987), vicepresidente (1987-1990) e presidente (1990-1995) da Deputación Provincial de Pontevedra e secretario do consello de administración da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra. En 1993 foi elixido senador por Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e botánico. Coñecido como padre Merino, foi membro da Compañía de Xesús e exerceu como presbítero. Publicou unha das primeiras obras sobre flora que se fixeron en España, titulada Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, en tres volumes (1905, 1906 e 1909). Ademais, é autor de Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia (1893), Contribución a la flora de Galicia: la vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño (1897) e Adiciones a la flora de Galicia (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figura literaria que consiste na repetición dunha palabra ou palabras iniciais, dunha frase ou verso na metade do verso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Púlsar que emite impulsos radioeléctricos en intervalos de milisegundos.
-
PERSOEIRO
Químico. Naturalizado británico, doutorouse na Universidade de Bos Aires. Traballou no Instituto Nacional de Microbioloxía de Bos Aires e no Laboratorio de Investigación Molecular de Cambridge. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1984), xunto con N. K. Jerne e G. J. Kohler, polos seus estudos sobre os anticorpos monoclonais e a regulación do sistema inmunitario mediante idiotipos e anticorpos antidiotipos.
VER O DETALLE DO TERMO