"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia Menor, na cadea montañosa do Tauro. Unida a Cilicia, foi rexida por un comes. Deu ao Imperio Bizantino a dinastía isáurica. Caeu en poder otomano no s XIV.
-
-
Relativo ou pertencente a Isauria ou aos isaurios.
-
Dinastía bizantina, orixinaria de Isauria, que gobernou o Imperio de Oriente de 717 a 802. A súa época estivo marcada polas loitas iconoclastas, iniciadas con León III (725), contra o culto das imaxes. Despois que a Emperatriz Irea restableceu o culto das imaxes no Concilio II ;de Nicea (787), León V o Armenio, inciou un novo período iconoclasta (813-843). Durante este período perdéronse boa parte das posesións bizantinas de Italia (Ravenna, 751), e Bizancio e Roma axudáronse mutuamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Natural ou habitante de Isauria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anulación da excreción de ouriños debido a que as vías urinarias están inutilizadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de insuficiencia renal no que se produce un fallo total das funcións tubulares de concentración e dilución e polo tanto, a concentración osmótica dos ouriños aproxímase á do sangue.
-
-
Relativo ou petencente aos isúridos.
-
Peixe da antiga familia dos isúridos.
-
Antiga familia de peixes condritios da orde dos lamniformes que se caracterizan polo feito de teren o pedúnculo caudal delgado e o lobo inferior da cola moi desenvolvido.
-
-
PERSOEIRO
Compositor cinematográfico francés. Accedeu á fama internacional con Lawrence of Arabia (1962) e Doctor Zhivago (1965), ambas as dúas películas premiadas cun Oscar, e tamén La cadutta degli dei (1969) e Grandeur nature (1974). Alternou grandes espectáculos audiovisuais de ámbito urbano coa banda sonora dos filmes Passage to India (1984), galardoada cun Oscar, Fatal Attraction (1987) e Enemies, a Love Story (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Física. Colaboradora da súa nai Marie Curie, e despois do seu home, F. Joliot, tivo unha participación destacada nas investigacións sobre radioactividade e enerxía atómica. Dirixiu o Institut du Radium, e Recibiu o Premio Nobel de Química (1935), xunto co seu marido Jean Fréderic Joliot, polo descubrimento da radioactividade artificial.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
FÍS Lei establecida por James Jurin (1684-1750), que dá, nun tubo capilar, o ascenso ou descenso h dun líquido en función da tensión superficial T, da densidade ρ do líquido e do radio r do tubo capilar:
FORMULA
φ é o ángulo, no punto de contacto, entre a superficie do líquido e a parte do tubo, e g, a aceleración da gravidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (19.483 km2; 733.255 h [2000]). A súa capital é Kanchanaburi (52.119 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico finlandés. Iniciou unha das filmografías máis orixinais do cine europeo contemporáneo. Dirixiu, entre outros filmes, Rikos ja raingaistus (Crime e castigo, 1983), Calamari Union (1985), Hamlet liikemaailmassa (Hamlet ao mundo dos negocios, 1987), Leningrad Cowboys Go America (1989), I Hired a Contract Killer (1990) e Scènes de la vie de bohème (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor armenio. Estudiou no conservatorio de Moscova, do que foi profesor desde 1951. Autor de obras nas que introduciu temas populares armenios, acadou gran popularidade polo ballet Gaiane (1942) e os seus concertos para piano (1936), violín (1940), e violoncello e orquestra (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (4.250 km2; 1.481.000 h [estim 1994]). A súa capital é Khouribga (152.090 h [estim 1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Hydra 1855 - Atenas 1935) Político e mariño grego. Participou na guerra contra os turcos de 1897 e dirixiu a escuadra grega nas Guerras Balcánicas (1912-1913). Foi ministro da Mariña, rexente de Constantino I de Grecia (1920) e presidente da República (1924-1926 e 1926-1929).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso e idade do Pérmico, comprendido entre o Artinskiano, na base, e o Ufimiano, no teito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kunguriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica que, ao aplicar a teoría de Fermio da emisión β permite determinar a enerxía máxima dun espectro de raios β.
-
ILLAS
Arquipélago de Rusia, na oblast’ de Sakhalin, situado entre a illa de Hokkaidō, Xapón, e a península de Kamčatka (15.600 km2 e 1.200 km de lonxitude). Está formado por máis de trinta illas e illotes, de orixe volcánica. O relevo é montañoso, e a máxima altitude acádase no monte Alaid (2.339 m alt). Colonizadas polo rusos no s XVIII, Xapón anexionou o arquipélago entre 1855 e 1875 e permaneceu no seu poder ata a fin da Segunda Guerra Mundial. Pola Conferencia de Crimea (1945), as illas volveron á URSS pero Xapón reivindicou a posesión das catro illas meridionais. A comezos da década de 1990 Xapón incrementou a presión diplomática para recuperalas e desde 1992 prestoulle axuda económica ao goberno ruso para acadar a súa devolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sarajevo 24.11.1954) Realizador cinematográfico. O compromiso social e a realidade do seu país reflíctense na súa filmografía. Realizou os filmes Guernica (1978), Sjecas li se, Dolly Bell (Lémbraste de Dolly Bell, 1981), Otac na Sluzbenom putu (Papá está en viaxe de negocios, Palme d’Or de Cannes, 1985), Underground (Palme d’Or de Cannes, 1995), Crna macka, beli macor (Gato negro, gato branco, 1998) e Super 8 Stories (2001).
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi retratista de Luís XV. Sobresaíu na técnica do pastel, que aplicou aos seus retratos, como Mme de Pompadour e Portrait de Mlle Fel. Ten un museo monográfico no lugar onde naceu.
VER O DETALLE DO TERMO