"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e político ucraíno. Foi director do Instituto de Selección e Xenética de Odessa (1936) e presidente da Academia Lenin de Ciencias Agrícolas (1938-1945). Negou o papel dos cromosomas e a existencia dos xenes. Ocupou cargos científicos e políticos durante o goberno de Stalin e Khruščov e impuxo a súa visión da bioloxía nos ámbitos da investigación e a educación ata 1964, cando a bioloxía soviética recuperou a corrente mendeliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Residiu en Pontevedra e publicou El ferrocarril de Zamora a Orense y Coruña (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou en Madrid e participou na ideoloxía da Xeración do 98. Estivo exiliado desde 1937 ata 1952. A súa obra, influenciada por I. Meštrović e A. Bourdelle, tendeu á monumentalidade e á estilización. Realizou obras relixiosas (Cristo de Otero en Palencia), monumentos (Fuente de Concha Espina en Santander e os de Tomás Morales, Ramón y Cajal ou Pérez Galdós en Madrid) e retratos (Miguel de Unamuno en Salamanca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou moi a miúdo co seu fillo Joan Macip i Navarro. A súa obra evidencia unha estancia en Italia e puido comezar a súa formación baixo a influencia de Yáñez i Llanos. En 1516 traballou para a catedral de Murcia, e en València realizou traballos de ornamentación na catedral (1522-1525), onde pintou o Baptisme e fixo o retablo do Anxo Custodio. Foi autor tamén do retablo da sé de Sogorb (Castelló) entre 1520-1535, de estilo monumental, de El martiri de Santa Agnès e La Visitació, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou en actividades revolucionarias na súa mocidade, onde xa apuntaba as liñas da súa poesía, linguaxe coloquial e antipoética, imaxes insólitas, rimas inusitadas e un estraño lirismo. Trala revolución púxose incondicionalmente ao servizo do novo réxime soviético. Creador da LEF (Fronte da esquerda da arte), das súas obras destacan Oblako v Štanakh (A nube en pantalóns, 1914-1915), Vladimir Iljič Lenin (1925) e Vo ves ’golos (A plena voz, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Exaltou a Antigüidade e os ideais humanistas. Próximo ao naturalismo, intimista, paisaxista e amante da natureza, consideraba que a poesía era unha necesidade espiritual da humanidade. Escribiu Dve sud´by (Dous destinos, 1845), Mašen’ka (1846), Očerki Roma (Esbozos de Roma, 1847) e Neapolitanskij al’bom (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e escritor ucraíno. Despois da Revolución de 1917, dirixiu durante 15 anos colonias destinadas á reeducación de rapaces. Publicou Pedagogičeskaja poema (Poema pedagóxico, 1933-1935), Kniga dlja roditelej (Libro para os pais, 1937) e Flagi na bašnjakh (Bandeiras sobre as torres, 1938), ademais de narracións curtas, ensaios de crítica literaria e diversos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante ruso. Distinguiuse na guerra contra os turcos (1877-1878) e foi cabeza da armada do Pacífico durante a Guerra Ruso-xaponesa, en que morreu. Inventou o primeiro crebaxeos, o Iermak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista ucraíno. Durante a revolución de 1917 foi o presidente do soviet de campesiños e obreiros de Ucraína. Iniciou un conflito armado cos bolxeviques en marzo de 1919 e, trala súa derrota, refuxiouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro, desde 1939, do comité central do PCUS e formou parte do goberno soviético durante a Segunda Guerra Mundial. Colaborou con Stalin e sucedeuno no goberno (1953-1955), pero foi acusado de actividades contra o partido e excluírono do comité central en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e economista ruso. Coñecido como Bogdanov, desenvolveu un sistema propio chamado empiriomonismo, influído por W. Ostwald e E. Mach. Substituíu a teoría dialéctica marxista por unha transformación creadora da realidade e a idea da revolución pola dunha constante elevación da cultura proletaria. Das súas obras destacan Empirjomonizm (1904-1906) e Tektologija (1913-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ucraíno. Alistouse no Exército Vermello (1919) e durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi conselleiro militar da Brigada Líster. Na Segunda Guerra Mundial foi comandante da fronte do SO (1943-1944), dirixiu a campaña contra Xapón (1945) e ocupou Manchuria. Foi comandante en xefe do exército de terra e ministro de Defensa soviético (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Ural’skikh rasskazakh (Contos dos Urais, 1889), onde describe o crecemento tumultuoso do capitalismo nos Urais, a ruína do pobo fronte ao capital ou a descomposición moral, Čerti iz žizni Pepko (Partes da vida de Pepko), de carácter autobiográfico, e Alenuskiny skazki (Contos de Alena, 1894-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. É unha obra barroca do s XVIII que conta cunha planta en cruz latina con ábsida rectangular e na súa fachada, flanqueada por pilastras nos extremos e rematadas en dúas volutas, presenta unha fornela situada no eixe onde se garda a figura de san Vicente. O conxunto está coroado por unha torre de base cadrada cun van e catro arcos de medio punto, que remata nun tambor e unha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Mestre en San Martiño Pinario, ocupou a cátedra de Sagrada Escritura na Universidade de Santiago de Compostela (1601-1617). Provocou unha polémica teolóxica ao defender a comuñón diaria. Escribiu Paraphrasis inter Texta Editioni Vulgatae in Pentateuchum (1610) e Index consanguinitatum et affinitatum (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e artista gráfico ruso. Coñecido como El Lissitzky, definiuse como construtivista e comezou a facer construcións en que combinaba unha perspectiva imaxinaria coa abstracción xeométrica. Exiliado en Berlín (1922) e Suíza (1926), traballou na fotografía aérea e na fotocolaxe. Cofundador da revista USSR in Constrution (1932-1938) con Rodchenko, traballou en libros de deseño, espacios para mostras e escribiu Historia de dous cadros (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Destacou como poeta en latín e grego, dotado dunha grande habilidade e produción, e recibiu o mecenado de Quevedo. Traduciu do grego ao latín, sobre todo en verso, algúns autores como Homero, Hesíodo, Píndaro, Sófocles ou Eurípides, e do grego ao castelán case toda a obra de Aristóteles e Arriano. Da súa obra destaca Opera omnia poetica et oratoria (1633), en 34 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Markevitch (Kiev 1912 - Antibes 1983) Director de orquestra ucraíno. Nacionalizado italiano, estudiou con N. Boulanger e H. Scherchen. Foi director da Orquesta de Radiotelevisión Española (1965-1968) e creou os ballets Rebus (1931) e L’envol d’Icare (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO