"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
PERSOEIRO
Escritor. De formación relixiosa, estivo ao servizo do rei de Inglaterra. Foi enviado a Roma ao II Concilio de Letrán, e escribiu en lingua latina De nugis curialium e Dissuasio Valerii ad Rufinum ne uxorem ducat.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Labrada (Guitiriz) e Momán (Xermade). O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Marcelle (Monforte de Lemos). O seu cumio acada os 633 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Walter Matthow.
-
PERSOEIRO
Actor cinemátográfico. Coñecido como Walter Matthau, destacou polos seus papeis en comedias, sobre todo xunto a Jack Lemmon, con quen participou en The Odd Couple (1968) e The Front Page (1974). Traballou tamén nos filmes The Kentuckian (1955), Gangster Story (1960), The Fortune Cookie (1966, Oscar ao mellor actor 1967), Hello, Dolly! (1969), California Suite (1978), Dennis the Menace (1993) e Hanging Up (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso, integrado na serra de Queixa, que está situado na parroquia de Requeixo (Chandrexa de Queixa). A súa altitude oscila entre os 1.615 e 1.753 m.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Torea (Muros). O seu cumio acada os 581 m altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Pena (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 781 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 851 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor de prosa narrativa, teatro e, sobre todo, poesía satírica, pertenceu ao dadaísmo berlinés e ao círculo expresionista Der Sturm. Foi perseguido polo réxime nazi e emigrou a EE UU. Da súa obra destacan os libros de poesías Gedichte, Lieder und Chansons (Poesías, cancións e coplas, 1929), Zwölf Briefe aus der Mitternacht (Doce cartas da medianoite, 1971) e Grosses Ketzerbrevier (Gran breviario de herexes, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano alemana. Foi membro do coro da Ópera de Würzburg. Deuse a coñecer profesionalmente con Le nozze di Figaro e posteriormente interpretou o seu papel máis emblemático como Kundry en Persifal. En 1985 debutou na Opera de París e en 1986 no Teatro alla Scala de Milán, ademais de actuar en Londres e Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e botánico. Coñecido como padre Merino, foi membro da Compañía de Xesús e exerceu como presbítero. Publicou unha das primeiras obras sobre flora que se fixeron en España, titulada Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, en tres volumes (1905, 1906 e 1909). Ademais, é autor de Estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia (1893), Contribución a la flora de Galicia: la vegetación espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño (1897) e Adiciones a la flora de Galicia (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Estudou filoloxía románica e árabe nas universidades de Colonia e París e doutorouse cun traballo sobre o teatro relixioso de Tirso de Molina. Desde 1962 dirixiu o seminario de filoloxía románica da Universidade de Münster. Especialista en literatura medieval, é autor de diversos estudos de crítica literaria e de edicións de textos casteláns (Historia de la Donzella Teodor, La Celestina), cataláns e franceses (Roman de Tristan, Villon). Ademais fixo diversas edicións e ensaios de obras medievais da literatura galega como a das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio (1959-1972), das que elaborou diferentes edicións en Galicia e Portugal. Foi coeditor da revista Ibero-Amerikanisches Archiv e dirixiu a colección La Littérature dans la Péninsule Ibérique aux XIVe et XVe siècles (1983-1985). É membro da Rheinisch-Westfälische Akademie der Wissenschaften e membro correspondente da Academia de Ciências de Lisboa (2002) e da Akademie der Wissenschaften en...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de altiplanos elevados do centro de México que ao N constitúen a continuación das grandes planicies de EE UU. Situado na divisoria das Sierras Madres mexicanas o clima é fresco e seco. Cunha altitude media de 1.500 m distínguense dúas partes, o altiplano setentrional ao N e o altiplano de Anahuac ao S.
-
PERSOEIRO
Compositor e intérprete de jazz estadounidense. Célebre clarinetista e trompetista, formou parte da banda de Ben Pollach (1926). En 1937 formou The Glenn Miller Orchestra, dedicada á música de baile. Das súas composicións destacan Moonlight Serenade, Chattanooga Choo-Choo, In the Mood, Sunrise Serenade e String of Pearls.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. A partir de 1954, en colaboración con Ramón Masats e Ricard Terré, realizou unha serie de exposicións (1958 e 1959) coas que reivindicou o valor documental e estético da fotografía urbana que facía. A partir da década de 1960 traballou como fotógrafo independente de publicidade e moda para publicacións como Triunfo, La Vanguardia ou El Periódico. Publicou o libro Barcelona, blanc i negre (1964), Costa Brava Show (1966) e a autobiografía Full de contactes (1998, Premio Gaziel). Recibiu o Premio Luis Navarro de Fotografía Moderna (1954). Tras a súa morte o Institut de Cultura de Barcelona instaurou o Premio de Fotografía que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Asinou as súas obras en castelán como Luis Michelena. Foi catedrático de Lingüística Indoeuropea na Universidad de Salamanca e de Lengua e Literatura Vasca e Lingüística Indoeuropea na Universidad del País Vasco. Está considerado un especialista da lingua vasca e baixo a súa dirección levouse a cabo o proceso de normalización do éuscaro que deu como resultado o chamado euskara batua(‘éuscaro unificado’), un modelo de lingua baseado na tradición literaria central (guipuscoano-navarro-labortana). Da súa produción destacan Historia de la literatura vasca (1960), Fonética histórica vasca (1961) e Sobre el pasado de la lengua vasca (1964). Realizou o Dicionario general vasco, a súa grande obra, xunto con Ibon Sarasola, do que se publicou o primeiro volume en 1987. A selección da súa obra en éuscaro foi recollida en Mitxlelenaren idazlan hautatuak (Obras escollidas de Mitxelena, 1972). Foi membro da Euskaltzaindia e membro correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Escribiu novelas biográficas e históricas de concepción monumental e dun dramatismo esaxerado sobre Schiller, a Prusia de Federico II ou Friedrich Liszt. Destaca a súa triloxía Der Roman meines Volks (Novela do meu pobo, 1914-1921), onde exalta a época prusiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia da Covelas (Ribadeo). O seu cumio acada os 570 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO